Coordenadas: 46°00′N 19°20′L / 46.000, -19.333

Bačka (en serbio Бачка ou Bačka, en húngaro Bácska, en croata Bačka, en eslovaco Báčka, en ruteno panonio (rusino), Бачка, en lingua alemá Batschka, en bunjevac Bačka e en turco Baçka) é unha rexión situada na chaira panonia, entre os ríos Danubio e o Tisza.

A rexión da Bačka, dividida entre Serbia e Hungría.
Repartición de Voivodina durante a segunda guerra mundial. Toda a Bačka serbia foi anexionada por Hungría.

Na actualidade está situada principalmente en Serbia e en Hungría, con algúns enclaves na ribeira esquerda do Danubio que formaban parte de Croacia pero que, desde 1991, están baixo control serbio.

A maior parte da rexión está hoxe en Voivodina, provincia autónoma de Serbia. A capital desta rexión, Novi Sad, encóntrase na fronteira entre a Bačka e a Sirmia. A parte máis setentrional da rexión está situada no condado de Bács-Kiskun, en Hungría.

Nome editar

O termo Bačka é de orixe eslava. Nas linguas eslaves, Bačka significa "a terra que pertence á cidade de Bač". Os húngaros adoptaron tamén este termo para designar esta rexión.

Historia editar

No curso da historia, a Bačka formou parte da provincia romana de Dacia. A continuación, foi parte do Imperio dos hunos e do Khanato dos ávaros, do Reino dos xépidos, do Primeiro Imperio búlgaro, do Reino de Hungría, do Imperio Otomán, da monarquía dos Habsburgo, do Imperio austríaco, do Imperio Austrohúngaro, da República de Hungría (a parte setentrional da provincia, desde 1920), do Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos, do Reino de Iugoslavia, da República Federal Socialista de Iugoslavia, da República Federal de Iugoslavia, do Estado de Serbia e Montenegro e, desde 2006, da Serbia independente.

Desde as orixes até a Idade Media editar

A rexión da Bačka estivo habitada desde hai máis de 4.000 anos, é dicir, desde o Neolítico. Os primeiros habitantes históricos da rexión foron probabelmente tribos ilirias.

 
A voivodina (ducado) do voivoda Salan, ca. 895.

Os eslavos, entre os que ser encontraban os serbios, instaláronse na rexión durante os séculos VI e VII.

No século IX o territorio formaba parte do primeiro Imperio búlgaro. Salan, un voivoda (duque) búlgaro exercía o seu poder na rexión e fixo da cidade de Titel a súa capital.

Despois, no século X, os maxiares venceron a Salan e as súas terras foron integradas en Hungría.

No século XI formou o condado de Bacsensis, cuxa capital era a cidade de Bač. O primeiro gobernador deste condado, chamado Vid, menciónase en 1074; o nome deste gobernador é de orixe eslava.

Baixo o reinado do rei Colomán de Hungría (1095-1116), os gobernadores da rexión levaban os nomes de Uroš, Vukan e Pavle (todos eles serbios). Un documento datado en 1309 cita aos cristiáns ortodoxos "cismáticos" que habitaban na Bačka.

Séculos XVI e XVII editar

En 1526 e 1527, a Bačka estaba no centro dun efémero Estado serbio independente que se estendía sobre o territorio da actual Voivodina. Á súa cabeza estaba o emperador Jovan Nenad, que tiña a súa capital na cidade de Subotica.

Durante a ocupación dos otománs (séculos XVI e XIII), a Bačka formou parte do sandjak de Segedin (Szeged). Daquela a rexión estaba poboada principalmente por serbios.

Príodo austríaco editar

Véxase tamén: Fronteira Militar.
 
Bačka na Voivodina serbia en 1848.
 
Mapa cos cinco condados serbios (1, en rosa), húngaros (3, en verde) e croatas (1, en amarelo) do Voivodato de Serbia e Banato de Temesvar despois de 1881.

En 1699 a Bačka pasou a formar parte das posesións dos Habsburgo. Un condado, denominado Bács-Bodrog (Bacsensis), estableceuse na parte occidental da rexión, mentres que a parte oriental quedou integrada na sección Tisa-Mureş da Fronteira Militar.

Cando esta parte da Fronteira militar foi suprimida, en 1751, a parte oriental da Bačka integrouse no condado de Bacsensis; en cambio, a pequena subrerxión de Šajkaška permaneceu baixo o réxime administrativo da Fronteira militar até 1873.

Segundo o censo austríaco de 1715, serbios, bunjevci e šokci formaban a maior parte da poboación.

Pero no curso do século XVIII, os Habsburgo promoveron na rexión unha activa política de inmigración destinada a paliar as perdas de poboación ocasionadas nas guerras contra o Imperio Otomán.

Os inmigrantes foron en primeiro lugar serbios, húngaros e alemáns. Debido ao gran número de alemáns procedentes de Suabia, estes últimos foron coñecidos co nome de Donauschwaben (suabos do Danubio).

Algunhas outras poboacións xermánicas tamén inmigraron de Austria, Baviera e Alsacia. Eslovacos luteranos, rutenos panonios e outros poboaron a rexión en menor medida.

A Bačka tamén incrementou a súa poboación con inmigrantes serbios procedentes da parte oriental da rexión que formara a Fronteira militar até 1751.

Despois da supresión do sector de Tisa-Mureş, numerosos serbios emigraron, abandonando o nordeste da Bačka. Instaláronse en Rusia, sobre todo na provincia da Nova Serbia e na de Eslavo-Serbia, ou ben no Banato, onde a administración de Fronteira militar aínda se mantiña.

En 1848 e 1849, a Bačka formou parte da Voivodina Serbia, provincia autónoma no seo do Imperio austríaco. Despois, entre 1849 e 1860, foi parte do Voivodato de Serbia e do Banato de Temesvar, unha terra imperial con estatuto particular.

Despois de 1860, cando se aboliu a provincia do voivodato, creouse o condado de Bács-Bodrog, que comprendía a rexión de Bačka, e que formou parte do Reino de Hungría, unha das dúas entidades do Imperio Austrohúngaro, en 1867.

Séculos XX e XXI editar

Os territorios de Bačka, Banato e Baranja, integráronse no Reino de Serbia en 1918. No Tratado de Trianon, asinado o 4 de xuño de 1920 , a Bačka repartiuse entre a nova Hungría independente e o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos, tamén creado de novo e que pasou a denominarse, en 1929, Reino de Iugoslavia.

A parte setentrional da rexión foi un condado de Hungría, o condado de Bács-Bodrog, con capital en Baja, condado que foi integrado axiña no de Bács-Kiskun.

A parte meridional foi unha subdivisión do Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos (1918-1929). En 1929, a rexión foi integrada na Banovina do Danubio, provincia do Reino de Iugoslavia.

En 1941, a Bačka iugoslava foi ocupada polas potencias do Eixe e integrada na Hungría do Almirante Horthy (véxase mapa no cabezallo). Durante a segunda guerra mundial, as tropas húngaras mataron na rexión a 19.573 civís, a maior parte serbios, xudeus e xitanos; moitos outros civís foron arrestados, violados ou torturados.

Despois da guerra, a Bačka formou parte da nova República Federal Socialista de Iugoslavia. Coa caída do Eixe, numerosas poboacións de orixe xermánica deberon abandonar a rexión en furgóns do exército nazi; os que quedaron, unha minoría, foron prendidos e internados en campos de concentración polas novas autoridades iugoslavas.

Os partisanos de Tito mataron daquela un certo número de habitantes de orixe húngara ou alemá, en represalia polas mortes de serbios na guerra.

Hoxe, coa Sirmia e o Banato, a Bačka, forma parte da provincia autónoma de Voivodina, que é parte da República de Serbia.

Xeografía editar

Bačka serbia editar

 
A rexión da Bačka en Voivodina.
 
Os distritos de Voivodina.

Distritos e municipios editar

Os distritos de Serbia na rexión d Bačka son os seguintes:

Os municipios de Sremski Karlovci, Petrovaradin e Beočin, que, administrativamente, forman parte do distrito da Bačka meridional están situados na a rexión xeográfica e histórica de Sirmia. En cambio, os municipios de Ada, Senta e Kanjiža, xeograficamente situados na rexión da Bačka, están integrados no distrito de Banato norte.

Cidades e vilas da Bačka serbia (poboación en 2002) editar

Senta, Kanjiža, Ada e Mol están xeograficamente situados na rexión de Bačka, pero administrativamente pertencen ao distrito do Banato norte.

Bácska húngara editar

A Bácska húngara está situada esencialmente no condado de Bács-Kiskun. Unha pequena parte da rexión está integrada no condado de Baranya.

 
O condado de Bács-Kiskun en Hungría.

Subrexións da Bácska húngara editar

Entre as subrexións da Bácska en Hungría pódense citar:

Cómpre sinalar que algunhas partes húngaras da Bácska pertencen ás subrexións de Kiskunhalasi e Mohácsi, aínda que a parte fundamental destas subrexións non forman parte da Bácska.

Principais cidades e vilas editar

Cidades e vilas principais da Bácska húngara:

Demografía editar

Serbia editar

Segundo o censo serbio de 2002 a poboación da parte serbia da Bačka, nos seus límites xeográficos, contaba con 1.022.524 habitantes, dos cales eran:[1]

Hungría editar

Segundo o censo de 2001 a poboación da Bácska húngara (incluíndo os distritos de Bajai, Bácsalmási, e Jánoshalmai), contaba con 113.432 habitantes [2]. As fronteiras administrativas dos diferentes distritos non se corresponden exactamente coas fronteiras xeográficas da Bácska húngara. A maior parte dos habitantes son húngaros.[3]

Galería de imaxes editar

Galería de mapas editar

Notas editar

  1. Popis stanovništva, domaćinstava i stanova 2002. Knjiga 1: Nacionalna ili etnička pripadnost po naseljima. Republika Srbija, Republički zavod za statistiku Beograd 2003. ISBN 86-84443-07-6}}
  2. "Datos do censo húngaro". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 26 de xaneiro de 2012. 
  3. "Mapa das nacionalidades dos Balcáns". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2012. Consultado o 26 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Ivić, Aleska (1929): Istorija Srba u Vojvodini. Novi Sad.
  • Johnstone, Sarah (2007): Europe on a shoestring. Lonely Planet. ISBN 978-1-74104-591-8
  • Kocsis, Károly & Eszter Kocsisné Hodosi (1998): Ethnic Geography of the Hungarian Minorities in the Carpathian Basin. Simon Publications LLC.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar