Baños árabes de Xirona

Coordenadas: 41°59′18″N 2°49′33″L / 41.988197, 2.825746

Os baños árabes de Xirona son unha obra que se atopa no concello de Xirona, declarados ben cultural de interese nacional.[1] Atópanse nun edificio de estilo románico tardío construído en 1194, imitando a estrutura dos baños musulmáns norte-africanos.

Baños árabes de Xirona.

Descrición editar

Os chamados baños árabes son en realidade uns baños públicos de época románica, que seguen os modelos das termas romanas, dos baños musulmáns e das mikwàs xudías, tradición que foi recuperada a partir do século XI con desenvolvemento das cidades. O edificio inspírase na tipoloxía dos baños norte-africanos, mais os seus elementos arquitectónicos son plenamente románicos: arcos de medio punto, voltas de canón, capiteis corintios estilizados ó xeito do século XIII, etc.[1]

É salientable o templete octogonal con oito columnas e estrutura mixta de canón e trompa cónica, así como a lanterna exterior e as alcovas do caldarium.[1] Entre os anos 1980-1985 e 1989-1998 fixéronse diversas obras de restauración e adecuación do edificio.[1]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Direcció General del Patrimoni Cultural de la Generalitat de Catalunya (ed.). "Banys àrabs de Girona". Pat.mapa: arquitectura. Consultado o 28 de febreiro de 2015. [Ligazón morta]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar