BM Altea
Nome do club Club Balonmano Altea
Fundado 1974
Desaparición 2008
Pavillón Polideportivo Garganes,
Pontevedra
Capacidade 1 200
Presidente España Salvador Lledó Llinares
Adestrador España Paco Blasco
Liga Liga ASOBAL
2006-07 13º (Liga ASOBAL)
Equipamentos


Local


Visitante

O Club Balonmano Altea foi un equipo de balonmán da localidade de Altea, Alacant (España). Logo de 34 anos de historia desapareceu en agosto do 2008 debido á imposibilidade de atopar unha xunta directiva que afrontara a débeda económica acumulada polo club.[1]

Nas nove tempadas que o equipo alacantino competiu na Liga ASOBAL (a máxima categoría do balonmán español), o seu mellor resultado foi o cuarto posto da tempada 2002-03. Tamén conseguiu chegar en dúas ocasións ás semifinais da Copa do Rei nas tempadas 2001-02 e 2002-03. Nas competicións europeas hai que salientar o subcampionato da Copa EHF na tempada 2003-04, cando caeu na final fronte ao equipo alemán do THW Kiel. Na tempada 2002-03 conseguira chegar ata as semifinais na terceira competición continental.

A última tempada da súa existencia militou no Grupo C da Primeira División Estatal ocupando a praza que conseguira a tempada 2006-07 o seu filial, tras ter renunciado á súa praza na liga ASOBAL por motivos económicos.[2]

Trala súa desaparición acordouse a creación dun novo club como solución para integrar aos equipos alteanos, o Handbol Esportiu Altea presidido por Toni Fuster, que comezaría a competir na categoría provincial.

Notas editar