BIOS

É o primeiro programa que se executa cando se enciende o PC. O seu propósito fundamental é iniciar e probar o hardware do sistema e cargar un sistema operativo dende un dispositivo de almacenamento de datos.

BIOS é o acrónimo de Basic Input/Output System (Sistema Básico de Entrada e Saída, en inglés). É un firmware (programa informático gravado nun chip) que se encarga de xestionar o acendido dun ordenador mediante a comunicación co hardware e, como mínimo, o teclado e o monitor. As BIOS son específicas de cada placa nai e escríbense en linguaxe ensambladora, que é nativa ao CPU.

Ao acender o computador execútase unha rutina de arranque que está gravada nunha memoria (antigamente en memoria ROM, actualmente en EEPROM ou incluso en memoria flash) e que se coñece como BIOS. A BIOS realiza, entre outras, as seguintes operacións:

  • Comproba se hai tarxeta gráfica
  • Comproba se se trata dun acendido simple ou se é un reinicio. (Neste último caso omite as comprobacións seguintes:)
  • Mostra información na pantalla sobre o sistema
  • Localiza os controladores (drivers) para dispositivos especiais
  • Usa unha lista de dispositivos para decidir en que orde busca o que ten o sistema operativo.
  • Carrega o sistema operativo na memoria e pásalle o control. A partir deste momento, o sistema operativo faise responsábel da comunicación cos dispositivos e co usuario e de xestionar a memoria e a interacción entre os programas.

Curiosamente, BIOS é un substantivo feminino en galego, aínda que a palabra sistema sexa masculina.

Véxase tamén editar