A azurita, tamén malaquita azul (nos séculos XIX e XII tamén chamada chesilita por Chessy-les-Mines, Ródano, preto de Lión) é un mineral da clase dos carbonatos cuxa fórmula química é Cu3(CO3)2(OH)2 (contén un 69,2% de cobre, un 25,6% de CO2 e un 5,2% de auga).[1]

Azurita
Azurita
Fórmula químicaCu3(CO3)2(OH)2
ClaseCarbonatos
Sistema cristalinoMonoclínico
CorAzul
BrilloDe vítreo a terroso
Dureza3,5-4
FracturaConcoidea
ExfoliaciónPerfecta
RaiaAzul
Densidade3,7-3,9 g/cm3
Estrutura molecular en modelo 3D de bolas e varas do cristal de azurita, Cu3(CO3)2(OH)2

Coñécese dende tempos antigos e mencionouse na Historia natural de Plinio o Vello baixo o nome grego de kuanos (κυανός: "azul profundo", raíz da cor ciano) e o nome latino caeruleum.[2]

Características editar

Aspecto editar

A azurita preséntase normalmente formando agregados cristalinos. Tamén o fai de forma masiva e de costras. Ten unha cor azul característica.[1]

Lugares onde se atopa editar

A azurita atópase en zonas de oxidación, formada pola acción de solucións hidrocarbonatadas sobre sulfuros de cobre, case sempre en drusas, en asociación coa malaquita e coa cuprita.[3]

Propiedades editar

A azurita é tóxica disolta en auga (aínda que moito menos que minerais con metais pesados). Non debe ser utilizada baixo ningunha circunstancia para adornar acuarios de auga salgada. Así mesmo, non existe perigo algún de envelenamento ó manexala coas mans.[4]

Usos da azurita editar

A azurita é utilizada coma fonte secundaria de cobre.

Xoiería editar

En ocasións é usada para a fabricación de xoias, pero a súa consistencia e tendencia a perder a súa cor e converterse en malaquita, limita a súa manexabilidade. Xa que a calor a destrúe con certa facilidade, a azurita debe ser traballada a temperatura ambiente.

Pigmento editar

Usada como pigmento (pigmento de azurita) desde a Idade Media ao século XX, moitas veces confundíndose coa lazurita, compoñente do lapislázuli de tonalidades parecidas e bastante máis caro.[5] Tanto o nome de azurita como de lazurita e lapislázuli ("pedra de azur") derivan do Persa lazhward (لاژورد) a través do árabe.

Outros carbonatos editar

A malaquita, a aragonita e a calcita son outros carbonatos coñecidos.[6]

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Pedres precioses; azurita". ca.gem.agency (en catalán). Consultado o 20 de xullo de 2022. 
  2. The Ancient Library: Smith, Dictionary of Greek and Roman Antiquities, p.321, col. dereita, baixo AZUL Arquivado 20 de decembro de 2005 en Wayback Machine. (en inglés)
  3. "Azurita - EcuRed". www.ecured.cu (en castelán). Consultado o 2022-07-20. 
  4. "Azurita". www.quimica.es. Consultado o 2022-07-20. 
  5. "Lazurita". www.quimica.es. Consultado o 2022-07-20. 
  6. "Aragonito: Significado, Propiedades y Usos". dimateria.com (en castelán). 2020-10-29. Consultado o 2022-07-20. 

Véxase tamén editar