Azulexo

peza de cerámica policromada

O termo azulexo, do árabe الزليج az-zulaiŷ (pedra pulida), designa unha peza de cerámica de pouca espesura, xeralmente cadrada, en que unha das faces é vidrada, resultado da cocedura dunha substancia á base de esmalte que se torna impermeábel e brillante. Esta face pode ser monocromática ou policromática, lisa ou en relevo. O azulexo é xeralmente usado en gran número como elemento asociado á arquitectura e á decoración en revestimento de superficies interiores ou exteriores polo seu valor decorativo e máis polas súas características termoaillantes e impermeabilizantes.

Parede azulexada en El-Hedine, Marrocos.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.