Aythya

xénero de aves

Aythya é un xénero de aves da orde das anseriformes, familia dos anátidos e familia dos aitinos.

De distribución mundial,[1] está constituído por especies de patos mergulladores.

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi descrito en 1822 polo zoólogo alemán Heinrich Boie[2][3], irmán do tamén zoólogo Friedrich Boie.

Etimoloxía editar

O nome científico Aythya está tirado do termo do grego antigo αἴθυια aithuia, nome dunha ave mariña sen identificar citada por Aristóteles.[4]

Sinónimos editar

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]

  • Aethyia Gloger, 1827
  • Aithya Boie, 1828
  • Aithyia Gloger, 1827
  • Athya Boie, 1822
  • Aythia Salvadori, 1895
  • Aythyia Bonaparte, 185

Especies editar

O xénero comprede 12 especies.[2][3]

Imaxe Nome científico Nome vulgar Distribución Estado de conservación
  Aythyia valisineria Nortamérica Pouco preocupante
  Aythya ferina Pato chupón Norte de Europa e Asia Vulnerable
  Aythya americana América do Norte, desde o norte do Canadá até o sur dos Estados Unidos Pouco preocupante
  Aythya collaris Norte dos Estados Unidos e o Canadá Pouco preocupante
  Aythya australis Australia, Nova Guinea, Nova Zelandia e isls do Pacífico Pouco preocupante
  Aythya baeri Sueste de Rusia e nordeste da China, migrando no inverno ao sur da China, Vietnam, Xapón e a India En perigo crítico de extinción
  Aythya nyroca Pato castaño Desde a Península Ibérica e o leste do Magreb até o oeste de Mongolia e, polo sur até Arabia En perigo crítico de extinción
  Aythya innotata Madagascar En perigo crítico de extinción
  Aythya novaeseelandiae Nova Zelandia Pouco preocupante
  Aythya fuligula En toda a Eurasia temperada e do norte; visitante ocasional dos Estados Unidos e o Canadá Pouco preocupante
  Aythya marila Alasca, norte do Canadá, Siberia e as zonas máis setentrionais de Europa Pouco preocupante
  Aythya affinis Alasca, o oeste do Canadá até o oeste de Montana, e América Central Pouco preocupante

Notas editar

  1. Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Anseriformes
  2. 2,0 2,1 2,2 Aythya F.Boie, 1822 no GBIF. Consultado o 7 de decembro de 2022.
  3. 3,0 3,1 Aythya Boie, 1822 na BioLib. Consultada o 7 de decembro de 2022.
  4. Jobling, James A. (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, p. 64.