Axuda:Introdución ás políticas/Conduta

Políticas e normas   Contidos   Conduta   Resumo    
Como esta xente camiñando pola herba no canto de polo camiño, cando non teña sentido, ignore todas as regras.

Na Wikipedia podes contribuír sen a necesidade de coñecer cada regra. O feito de que a Wikipedia non ten regras fixas é un dos seus principios fundamentais: se hai un xeito mellor de facer algo, faino desa maneira, ignora a regra e abre logo unha conversa para que sexa modificada. Isto encaixa á perfección coa norma de ser valente, que anima a mellorar aquilo que vexas que o necesita sen preocuparte de quebrantar nada. Se o cambio beneficia e segue o espírito de mellora do proxecto, este manterase sen problema ningún.

Ser cívico e asumir boa fe é un dos piares da Wikipedia.

É frecuente que os editores acaden o consenso como un produto natural e inherente á edición; xeralmente, alguén fai un cambio ou engado a unha páxina e entón todos os que o len teñen a oportunidade de deixar a páxina como está ou cambiala. Se sofres unha reversión pódeste sentir desanimado ou frustrado, pero non o tomes como unha ofensa, este é un paso para chegar ao consenso. Se non estás de acordo ou tes unha suxestión, exprésao na páxina de conversa de xeito educado ata que se atinxa unha solución.

Ser educado implica ser cívico e asumir boa fe por parte dos demais ao dirixíreste a eles. Para isto necesítase a participación dun modo respectuoso, reflexionando antes de dicir cousas das que nos poidamos arrepentir, sen deixar de lado as posturas e conclusións do resto. Presupoñer boa fe é asumir que as intencións dos demais son mellorar o proxecto, mesmo se o seu estilo de edición non é o usual ou non está de acordo coa nosa opinión. No caso de requirir unha crítica ou modificación, conversa sobre as accións do usuario, pero evita acusar a outros sen probas evidentes para non danar. Botando unha rápida ollada, vense facilmente aquelas edicións que non son construtivas e que se poden eliminar inmediatamente, mantendo sempre a cortesía.

Seguinte: Vai ao resumo!