Axencia Europea de Defensa

A Axencia Europea de Defensa (AED) é unha das tres Axencias da Unión Europea que funcionan exclusivamente no ámbito da política europea de seguridade e defensa. Realiza funcións de coordinación e cooperación intergobernamental a nivel comunitario en todos os asuntos relacionados coas capacidades defensivas dos Estados membros, principalmente a través da aproximación e progresiva integración das súas industrias militares e a cooperación tecnolóxica e de investigación en materia defensiva.

A AED realiza a súa función para todos os membros da Unión Europea fóra de Dinamarca, que se atopa acollida a unha excepción para desvincularse en asuntos da defensa europea.[1]

A Axencia Europea de Defensa foi establecida polo Consello da Unión Europea o 12 de xullo de 2004, seguindo as recomendacións adoptadas polo Consello Europeo de Tesalónica e anticipándose ás previsións do entón proxecto de Constitución Europea redactado pola Convención. A súa sede atópase en Bruxelas (Bélxica).

Tarefas editar

O Consello de Europa estableceu que a AED debía "apoiar aos Estados Membros e ao propio Consello no seu esforzo de mellorar as capacidades de defensa europeas nos asuntos de xestión de crise e soster a política europea de seguridade e defensa así como mantela agora e no futuro". Dentro a súa misión atópanse catro funcións principais:[2]

  • Desenvolver as capacidades de defensa.
  • Promocionar a investigación e desenvolvemento tecnolóxico en materia de defensa.
  • Promocionar a cooperación en armamento.
  • Crear un mercado competitivo de equipamento militar europeo e fortalecer as bases tecnolóxicas e industriais de Europa.

Estrutura editar

 
Catherine Ashton, AR e presidenta da AED.

Este corpo posúe personalidade xurídica e a súa dirección reside en tres elementos:

  • Xefe da Axencia: responsable da organización e funcionamento xeral, asegurando a implementación das directrices e decisións. O cargo corresponde ao Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade, actualmente a socialista británica Catherine Ashton.
  • Dirección administrativa: o corpo da axencia para a toma de decisións, composto polos ministros de defensa dos estados membros cun representante da Comisión Europea e liderado polo Xefe da Axencia.
  • Conselleiro ou Xefe Executivo: xefe do persoal e responsable da supervisión e coordinación das unidades. Actualmente Alexander Weis, quen sucedeu a Nick Witney no seu cargo en outubro de 2006.[3]

Historia editar

A Axencia Europea de Defensa é a continuación do traballo realizado pola Unión Europea Occidental para a efectiva transferencia das súas funcións ao marco da UE, e desmantelar así a estrutura da UEO.

Notas editar

  1. European Defence Agency Arquivado 20 de outubro de 2006 en Wayback Machine. europa.eu
  2. Background Arquivado 13 de xuño de 2007 en Wayback Machine. eda.europa.eu
  3. New Chief Executive of the European Defence Agency Appointed Arquivado 15 de outubro de 2009 en Wayback Machine. eda.europa.eu 24//05/07

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


  Axencias da Unión Europea
Control da PescaCalidade de vida e de traballoCamiños de ferroDereitos fundamentaisDrogasEnfermidadesFormaciónFormación profesionalFronteiras exterioresIgualdade de xéneroMedio ambienteMenciñasMercado interiorNavegación por satéliteProdutos químicosReconstruciónAxencia Europea de Seguridade AéreaSeguridade alimentariaSeguridade laboralSeguridade marítimaSeguridade das redesTraduciónVariedades vexetais
Axencia Europea de DefensaInstituto Europeo de Estudos verbo da SeguridadeCentro da Unión Europea para os Satélites
Instituto da Policía EuropeaEuropolEurojust