Aviva Premiership 2011-2012

A tempada 2011-2012 da Aviva Premiership foi a vixésimo quinta edición da liga inglesa de rugby, creada pola RFU en 1987. A liga tomou o nome Aviva do seu principal patrocinador, unha importante compañía de seguros.

Aviva Premiership
Fundación1987
RexiónInglaterra Inglaterra
Equipos12
Actual campiónHarlequins (1º título)
Máis laureadoLeicester (9 títulos)
Sitio webPáxina oficial
Tempada 2012-2013

Formato da competición editar

O torneo estivo composto por 12 equipos, e tivo un formato segundo o cal os equipos tiñan que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfrontase ós outros 11 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante.

O sistema de puntuación foi o seguinte:

  • 4 puntos pola vitoria.
  • 2 puntos polo empate.
  • 0 punto pola derrota.
  • 1 punto por anotar 4 ou máis ensaios.
  • 1 punto por perder por 7 ou menos puntos.

A liga comezou o 3 de setembro de 2011, e rematou o 26 de maio de 2012 coa gran final.

Táboa editar

  Aviva Premiership — Tempada 2011/12
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. BO BD
  Harlequins 75 22 17 1 4 4 1
  Leicester 74 22 15 1 6 9 3
  Saracens 73 22 16 1 5 3 4
  Northampton 65 22 14 0 8 5 4
  Exeter 59 22 12 0 10 3 8
  Sale 49 22 10 0 12 2 7
  Irish 46 22 8 1 13 3 9
  Bath 44 22 9 0 13 2 6
  Gloucester 44 22 8 1 13 1 9
10º   Worcester 36 22 7 1 14 0 6
11º   Wasps 33 22 6 0 16 1 8
12º   Newcastle 32 22 6 2 14 0 4

<<<< 2010/11 — Tempadas — 2012/13 >>>>


En azul      os equipos en play offs (1º, 2º, 3º e 4º).
En rosa      o equipo descendido (12º).

Semifinais e final editar

Final
Competición Aviva Premiership
Tempada 2011-12
Estadio Twickenham (Londres)
Capacidade 81.779
Campión Harlequins
Finalista Leicester
Resultado 30 - 23
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Campión


 
 
 
 
 
 
 
 
Finalista


  Semifinais Final
             
12 de maio, Londres
 1º.   Harlequins 25  
 4º.   Northampton 23  
 
26 de maio, Londres
     1º.   Harlequins 30
   2º.   Leicester 23
12 de maio, Leicester
 2º.   Leicester 24
 3º.   Saracens 15  


Na final da edición 2011-12 enfrontáronse inéditamente os Harlequins de Londres e os Tigers de Leicester. Para o equipo londiniense, que viña de rematar primeiro na táboa clasificatoria, era a primeira final da súa historia na liga inglesa de rugby, despois de 24 participacións. Para os Tigers, porén, era a oitava final consecutiva, e tiña a opción de acadar o seu décimo título de liga en 25 edicións disputadas.

O resultado final do encontro, disputado en Twickenham, foi de 30 a 23 a prol do conxunto arlequinado. Deste xeito o Harlequin FC fíxose co seu primeiro título de campión de liga.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar