Avelino González Mallada

sindicalista libertario asturiano

Avelino González Mallada, nado en Xixón o 7 de agosto de 1894 e finado en Woodstock (Virxinia) o 27 de marzo de 1938, foi un anarquista asturiano.

Infotaula de personaAvelino González Mallada
Biografía
Nacemento7 de agosto de 1894 Editar o valor em Wikidata
Xixón, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de marzo de 1938 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Woodstock, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Xixón
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , sindicalista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Con 11 anos comezou a traballar na fábrica de Laviada, e aos 14 contactou co movemento anarquista. En 1911 afiliouse á Confederación Nacional do Traballo, e en 1914 foi despedido do traballo pola súa militancia anarcosindicalista. Emigrou a París en 1915 e regresou a Asturias en 1919, e ao non poder atopar traballo por estar nas listas negras da patronal, trasladouse a La Felguera e dirixiu unha escola racionalista en Frieres. Regresou a Xixón en 1922, onde dirixiu o periódico Vida Obrera e acadou o título de perito mercantil.

Entre setembro de 1925 e xullo de 1926 foi Secretario Xeral da CNT. Traballou como mestre nas minas e na Escola Neutra de Eleuterio Quintanilla. Tras a chegada da Segunda república española dirixiu Solidaridad Obrera, e foi membro do Comité Rexional de CNT en Madrid. Tamén foi membro da Federación Anarquista Ibérica e da loxa Jovellanos da francmasonería. En 1934 mostrouse a favor da participación da CNT na Alianza Obreira, e participou na Revolución de Outubro. En 1935 encargouse de reorganizar o Comité Rexional da CNT en Asturias.

Durante a guerra civil española foi alcalde de Xixón entre o 15 de outubro de 1936 e a toma da cidade polas tropas nacionais en outubro de 1937. Estivo en Barcelona até febreiro de 1938, cando marchou aos Estados Unidos de América para recadar fondos para o conflito. Alí foi recibido polo embaixador Fernando de los Ríos Urruti, e organizou encontros en Nova York. Faleceu nun accidente de tráfico mentres ía en coche a California para tomar parte nunha serie de actos de propaganda.

Foi parella de Florentina Fernández con quen tivo un fillo e unha filla, Avelino e Amapola. Ten unha rúa adicada na súa cidade natal.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Íñiguez, Miguel (2008): Enciclopedia histórica del anarquismo español. Vitoria, Asociación Isaac Puente. ISBN 978-84-612-4219-1. Páx 774-775 (tomo 1).
Predecesor:
descoñecido
Secretario xeral da CNT
1925 - 1926
Sucesor:
Segundo Blanco