Avelino García Ferradal

político español

Avelino García Ferradal nado na Rúa o 14 de novembro de 1960, é un político galego do Partido Popular de Galicia.

Infotaula de personaAvelino García Ferradal
Biografía
Nacemento14 de novembro de 1960 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
A Rúa, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Papeleta das Xerais de abril de 2019.

Profesor, foi presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses[1]. Encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía da Rúa en 2003 e 2007, sendo en ambas ocasións a forza máis votada, se ben non logrou a alcaldía tras pactalos independentes do RUA, PSdeG e BNG. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou novamente a candidatura do PPdeG á alcaldía da Rúa e foi elixido alcalde grazas á abstención do número 2 do RUA, Fernando Rodríguez Rodríguez, pese a que a formación independente optara por un novo tripartito cos socialistas e nacionalistas[2]. Nomeou a Rodríguez concelleiro de Urbanismo. Nese mandato deputado provincial e responsable da área de cultura.

Nas municipais de 2015 perdeu a alcaldía tras un pacto entre BNG e PSdeG. En 2017 substituíu a Edelmira Barreira no Senado.[3] Nas Eleccións xerais de abril de 2019 foi na lista ao Congreso dos Deputados, mais non saíu escollido.

Notas editar

  1. «O importante é o equipo» La Voz de Galicia.
  2. "Fernando Rodríguez le da la Alcaldía de A Rúa al PP, al romper la disciplina de grupo" Faro de Vigo.
  3. "Ficha no Senado". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2017. Consultado o 02 de decembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Luis Fernández Gudiña
  
Alcalde da Rúa
 
2011 - 2015
Sucesor:
María González Albert