Avelino Ares

batería galego


Avelino Manuel Ares Santos[1], nado en Ribeira en 1975 e finado entre finais de abril e primeiros de maio de 2018 en Fafián (Ribeira) [2], foi un músico galego, un dos fundadores de Heredeiros da Crus.

Infotaula de personaAvelino Ares
Biografía
Nacemento1975 Editar o valor em Wikidata
Ribeira, España Editar o valor em Wikidata
Morte2018 Editar o valor em Wikidata (42/43 anos)
Fafián, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbatería Editar o valor em Wikidata
Membro de
Heredeiros da Crus (1992–1992) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Veciños de Ribeira, el e mais Tonhito de Poi, comezaron a tocar nunha banda de pop chamada Eclipse, e en 1992 fundaron Heredeiros da Crus canda outros tres membros (Tuchiño, Javi Maneiro e Francisco Velo). Ares ata o momento fora teclista, pero, necesitados dun batería no novo grupo[3], vendeu o seu teclado e mercou unha batería simple coa que empezaron a tocar e cantar.

Ares deixou ese mesmo ano a banda[3], durante os ensaios do que sería o seu primeiro álbum, A cuadrilla de Pepa a Loba, se ben xa tocara con Heredeiros en diversas ocasións, entre elas a primeira actuación na Festa da Dorna (1992) de Ribeira.

Despois integrou outros grupos de rock, entre os que destacou La Tuna del Norte (2004).

Vida persoal editar

Estivo nas drogas[3] e faleceu nun piso abandonado de Ribeira, a canda a súa parella sentimental, quizais por asfixia por combustión dun braseiro. No tempo do seu falecemento traballaba descargando peixes. Está soterrado no camposanto parroquial de Xuño.

Notas editar

  1. "Entierros en Ribeira | Pompas Fúnebres del Noroeste". www.pompasfunebresnoroeste.es (en castelán). Pompas Fúnebres del Noroeste. 2018-05-12. Arquivado dende o orixinal o 15/05/2018. Consultado o 14/5/2018. 
  2. "Encontran dous cadáveres nun edificio abandonado en Ribeira | CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 14/5/2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "El teclista que se hizo batería para dar alas a Heredeiros da Crus". La Voz de Galicia (en castelán). 14/5/2018. Consultado o 14/5/2018.