AveLina Pérez

creadora escénica galega

AveLina Pérez, nada en Oia en 1969, é unha escritora e creadora escénica.

Infotaula de personaAveLina Pérez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1969 Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
Oia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Superior de Arte Dramática de Galicia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , director teatral Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Páxina webavelinaperez.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: avelinaperezteatro Youtube: UC7xnTvu9QWs-7mq1czcMFaw Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Formouse en interpretación na Escola Santart de Santiago de Compostela e en dirección de escena e dramaturxia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.[1] Dirixe a compañía teatral Teatro do Lume.[2]

Recoñecemento editar

En 2015 a súa radionovela El arte de vivir recibiu o Primeiro Premio da terceira edición do Concurso de Radio Teatro Carlos Pérez Uralde do País Vasco.[3] Pérez recibiu o Premio da audiencia do certame de Radioteatro do Diario cultural da Radio Galega polas obras Alianzas e Non teño espello no baño en 2015 e 2017, respectivamente. Gañou o XIII Premio Abrente da MIT de Ribadavia co texto O día no que bicar a terra[4] e o XXIV Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais con Ás oito da tarde, cando morren as nais, ambos os dous en 2018.

Obra editar

  • Vaquedás, 2006
  • A que non podes dicir cocacola?, 2011
  • Gañaremos o pan coa suor da túa fronte, 2013
  • Silencio, 2014
  • El arte de vivir, 2014
  • Non teño espello no baño, 2015
  • Eu controlo, 2015
  • Punto de vista, 2016
  • Os cans non comprenden a Kandinsky, 2016
  • Os arroaces son animais sucios e desesperados, 2017
  • Honey rose, 2017
  • Ás oito da tarde, cando morren as nais (2019). Xerais, Biblioteca Dramática Galega. 56 páxs. ISBN 978-84-9121-530-1.[5]
  • Ese silencio (2021). Edicións Positivas. 46 páxs. ISBN 978-84-123257-4-4

Notas editar

  1. Avelina Pérez, en Contexto Teatral (en castelán).
  2. "AveLina Pérez e Paula Carballeira gañan os premios Álvaro Cunqueiro e Manuel María da Agadic". Agadic. 15 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2018. Consultado o 15 de novembro de 2018. 
  3. "Radioteatro 2015". EITB. 
  4. "Avelina Pérez gaña o XIII Premio Abrente". Erregueté. 20 de xullo de 2018. 
  5. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-05-07. 

Véxase tamén editar