Avatar: Frontiers of Pandora
Avatar: Frontiers of Pandora é un videoxogo de acción en mundo aberto baseado na serie de filmes de Avatar.[1] O xogo foi desenvolvido por Massive Entertainment e publicado por Ubisoft para PlayStation 5, Windows, Xbox Series X/S e Amazon Luna o 7 de decembro de 2023.[2]
Avatar: Frontiers of Pandora | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Massive Entertainment[a] |
Distribuidora(s) | Ubisoft |
Director(es) | Magnus Jansén Ditte Deenfeldt |
Motor | Snowdrop |
Lanzamento | 7 de decembro de 2023 |
Xénero | Acción e aventuras |
Modos de xogo | Un xogador e multixogador |
Plataforma(s) | PlayStation 5 Windows Xbox Series X/S |
Serie | Avatar |
Na rede | |
https://avatarfrontiersofpandora.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Sinopse editar
Xogado nunha perspectiva en primeira persoa, os xogadores toman o control dun orfo Na'vi criado e adestrado como soldado pola RDA, antes de ser posto en animación suspendida e espertar quince anos despois nunha instalación abandonada. O xogador debe emprender unha viaxe a través da Fronteira Occidental, unha rexión nunca antes vista de Pandora, descubrindo as súas orixes e organizando as tribos Na'vi locais para loitar contra a RDA que intentan explotar os recursos naturais da Fronteira Occidental.[1] A historia do xogo está parcialmente ligada aos filmes, aínda que é independente.[3]
O xogo tamén admite o modo multixogador cooperativo de 2 xogadores.[3]
Notas editar
- ↑ O traballo adicional foi proporcionado por Ubisoft Shanghai, Ubisoft Toronto, Ubisoft Montpellier, Ubisoft Kyiv, Ubisoft Reflections, Ubisoft Leamington e Ubisoft Düsseldorf
Referencias editar
- ↑ 1,0 1,1 "Avatar: Frontiers of Pandora is an open-world action-adventure for Xbox Series X/S, PS5 and PC". VGC (en inglés). 2021-06-12. Consultado o 2021-06-14.
- ↑ "Avatar: Frontiers Of Pandora Releases In December, Far Cry-Like Gameplay Revealed". GameSpot (en inglés). Consultado o 2023-06-12.
- ↑ 3,0 3,1 O'Brien, Lucy (2023-06-12). "Avatar: Frontiers of Pandora - Release Date Announced, New Gameplay Revealed". Ubisoft. Consultado o 2023-06-19.