Avante
Avante foi un semanario editado en Vilagarcía de Arousa en 1931.
Avante | |
---|---|
Localidade | Vilagarcía de Arousa |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características editar
Subtitulado Semanario republicano, apareceu o 23 de marzo de 1931.[1] Periódico semanal editado polo Centro Republicano de Vilagarcía de Arousa,[2] e dirixido (nos seus catro primeiros números) por Pedro Díaz Abalo, que cesou por incompatibilidades ideolóxicas ao proclamarse a República. Carecía de seccións fixas. Cesou a súa publicación despois das eleccións de xuño de 1931.
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. p. 601. ISBN 84-7492-489-8.
- Viana, Víctor (8-11-1986). "«Avante», un periódico republicano". La Voz de Galicia. Arousa: 25.