autosuficiencia é o estado no que o abastecemento de bens económicos unicamente depende dun mesmo; de xeito que non se require axuda, apoio ou interacción externa para a supervivencia. É unha forma de completa autonomía persoal ou colectiva,[1] identificada coa independencia nos seus aspectos económicos.

Pode denominarse tamén autoconsumo posto que esa situación só pode conseguirse plenamente cando o produtor é o seu propio consumidor: produce todo (e unicamente) o que vai consumir e consome unicamente (e todo) o que produce.

Pode aplicarse de forma parcial (grao de autoabastecemento, medido en porcentaxe), ou restrinxirse a un só sector, como a alimentación ou a enerxía: autoabastecemento alimentario, autoabastecemento enerxético, etc. O termo oposto é o de dependencia: dependencia alimentaria, dependencia enerxética, etc. Tamén pode estenderse o uso do termo ó capital ou a tecnoloxía (autosuficiencia ou dependencia de capital e autosuficiencia ou dependencia tecnolóxica).

Notas editar

  1. Maurice Grenville Kains (1973). Five acres and independence. ISBN 978-0-486-20974-6. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar