Australia no Festival de Eurovisión

Australia participou por primeira vez no Festival de Eurovisión na edición de Festival de Eurovisión 2015. Aínda que non tiña as condicións axeitadas para facelo, xa que o país está situado fóra da Área de Radiodifusión Europea, Australia puido participar por mor do 60 aniversario do festival. O país de Oceanía emite as semifinais e finais na televisión australiana, a pesar de que non ten o mesmo fuso horario que os países participantes.[1]

Australia

Estación membro SBS (membro asociado)
Final nacional
Aparicións 4
Primeira aparición 2015
Mellor resultado
Final 2º en 2016
Semifinal 1º en 2016
Peor resultado
Final 20º en 2018
Semifinal 6º en 2017
Ligazóns externas
[ Páxina de Australia en eurovision.tv]

Festival de Eurovisión Júnior 2011 editar

No Festival de Eurovisión Júnior, todos os participantes reciben 12 puntos antes das votacións. No ano 2011, Australia foi o encargado de repartir eses 12 puntos a todos os participantes.[2]

Festival de Eurovisión 2014 editar

Aínda que o país non pode participar como o resto dos países europeos, a UER deulle a oportunidade de facer unha actuación representando ao país na segunda semi-final do Festival de Eurovisión 2014, aínda que sen concursar. A Special Broadcasting Service escolleu a Jessica Mauboy para representar a Australia.[3]

Festival de Eurovisión 2015 editar

O 10 de febreiro de 2015, os organizadores de Eurovisión anunciaban que Australia podía participar no festival como homenaxe ao seguimento do festival no país de Oceanía. A elección do cantante foi elixida internamente pola canle australiana SBS e só podería volver a participar de gañar o festival.

Australia puido votar nas dúas semifinais e tiña garantido o seu pase á final do certame, no que puido participar de xeito activo emitindo os seus propios votos. Cómpre dicir que, en principio, esta foi a primeira e única participación do país no festival, xa que a invitación é so por motivo do aniversario do festival. De gañar o certame musical, a UER anunciou que o festival do ano próximo tería lugar nun país europeo, pero que a SBS debería correr coa metade dos gastos. De suceder isto Australia podería facer a súa segunda aparición no festival da canción.[4]

Participacións editar

Ano Sede Artista Canción Final Pts Semifinal Pts
2015   Viena Guy Sebastian Tonight Again 5 196 Clasificado directo
2016   Estocolmo Dami In The Sound of Silence 2 511 1 330
2017   Kíiv Isaiah Firebrace Don't Come Easy 9 173 6 160
2018   Lisboa Jessica Mauboy We Got Love 20 99 4 212

Notas editar

  1. "Australia prepares for Eurovision" (en inglés). Eurovision.tv. 27 de abril de 2011. Consultado o 30 de novembro de 2012. 
  2. "Junior Eurovision Song Contest 2011" (en inglés). Junioreurovision.tv. Consultado o 30 de novembro de 2012. 
  3. "Australian superstar to sing at Eurovision" (en inglés). Eurovision.tv. Consultado o 12 de abril de 2014. 
  4. "Australia participate in the 60th Eurovision". Eurovision.tv. EBU. 10 February 2015. Consultado o 11 February 2015.