Auga pesada

composto químico

Denomínase auga pesada a unha molécula de composición química equivalente á auga, na que os átomos de hidróxeno son substituídos por deuterio, un isótopo pesado do hidróxeno.

A fórmula química da auga deuterada, óxido de deuterio ou auga pesada é: D2O ou 2H2O. A fórmula química da auga triciada, auga de tricio ou auga superpesada é: T2O ou 3H2O. Esta forma é radioactiva. Ademais hai outras variedades isotópicas coma a auga semipesada con fórmula química HDO, DHO ou 1H2HO, e unha forma sen nome que corresponde a unha auga semisuperpesada, ás veces chamada auga tritiada, con fórmula química HTO, THO ou 1H3HO. Esta forma tamén é radioactiva. Tamén é de suma utilidade para detectores de neutrinos coma o kamiokande.

Propiedades editar

A diferenza nos elemento do núcleo modifica algunhas das súas propiedades físicas, tales como a densidade ou o punto de vaporización. A auga pesada atópase presente, en pequenas cantidades, mesturada coa auga normal, e pode ser separada desta por destilación fraccionada. Tamén se pode separar por absorción con amoníaco que conteña deuterio.

Propiedades D2O
(auga pesada)
H2O
(auga común)
Punto de fusión (°C) 3,82 0,0
Punto de vaporización (°C) 101,4 100,0
Densidade (a 20 °C, g/mL) 1,1056 0,9982
Temp. de máxima densidade (°C) 11,6 4,0
Viscosidade (a 20 °C, centipoise) 1,25 1,005
Tensión superficial (a 25 °C, dyn*cm) 71,93 71,97
Entalpía de fusión(cal/mol) 1,515 1,436
Entalpía de vaporización (cal/mol) 10,864 10,515
pH (a 25 °C) 7,41 7,00

Moderador na fisión nuclear editar

A principal aplicación tecnolóxica da auga pesada foi de moderador nos procesos de fisión nuclear, polo que se converteu nunha substancia estratéxica durante o desenvolvemento dos primeiros reactores nucleares.

Durante a segunda Guerra Mundial, os aliados emprenderon un conxunto de accións directas para impedir o acceso dos nazis á auga pesada (Batalla da auga pesada). Hoxe perdeu parte da súa importancia, ó utilizarse tamén como moderadores nas centrais nucleares outros materiais coma a auga normal ou o grafito.

Consideración médicas editar

 
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A auga pesada non está considerada como tóxica. Porén, algunhas reacción metabólicas precisan de auga clásica, é por isto que o consumo exclusivo de auga pesada pode ser considerado como perigoso para a saúde.

O principal efecto so seu consumo é reducir o número de mitoses, causando a progresiva degradación dos tecidos que precisan dunha rápida rexeneración. Despois de varios días da inxesta de auga pesada unicamente, os fluídos corporais conteñen ó redor do 50% de auga pesada. Neste intre os síntomas comezan a aparecer, pola redución das divisións celulares, principalmente nas células con renovamento rápido, como poden ser os cabelos ou as paredes do estómago.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar