Audrey Tautou

actriz francesa

Audrey Justine Tautou, nada en Beaumont, Puy-de-Dôme, o 9 de agosto de 1976[1], é unha actriz francesa coñecida mundialmente pola súa interpretación de Amélie Poulain na película francesa Le Fabuleux Destin d'Amélie Poulain e polo seu papel de Sophie Neveu no filme The Da Vinci Code.

Audrey Tautou
Nome completoAudrey Justine Tautou
Nacemento9 de agosto de 1976
LugarBeaumont
NacionalidadeFrancia
Relixióncatolicismo
Educada enInstituto Católico de Paris e Cours Florent
Profesiónactriz, modelo e actriz de cinema
Na rede
IMDB: nm0851582 Allocine: 24411 Rottentomatoes: celebrity/audrey_tautou Allmovie: p267962 TCM: 533669 Metacritic: person/audrey-tautou TV.com: people/audrey-tautou
Musicbrainz: 62e40669-090e-44b4-9ca1-01a07f0f8a85 Discogs: 1481359 WikiTree: Tautou-1 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Aínda que nada en Beaumont, criouse en Montluçon. Filla dun dentista e dunha mestra, ten un irmán e dúas irmás, máis novos ca ela. Comezou a interesarse pola comedia sendo aínda moi nova e tomou cursos de arte dramática na escola de actuación Corus Florent. Tamén realizou cursos de modelo en París.

Carreira cinematográfica editar

As súas influencias cinematográficas son entre outras Meryl Streep, Paul Newman, Juliette Lewis, Jodie Foster ou Julianne Moore. En 1998 participou nun casting nunha canle de televisión francesa, chamado Jeunes Premiers, onde gañou na categoría de Mellor Actriz Nova no IX Festival de Béziers. Posteriormente, participou no filme Vénus beauté co que gañou o Premio César á Mellor Actriz Revelación. No ano 2000 gañou o Prix Suzanne Bianchetti por ser considerada a actriz nova máis prometedora. Sendo xa coñecida en Francia polo seu traballo en Vénus beauté, acadou a sona mundial en 2001 pola súa interpretación da excéntrica Amélie na comedia romántica francesa Le Fabuleux Destin d'Amélie Poulain. En xuño de 2004 foi invitada a unirse á Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de Hollywood, da que é membro dende o 1 de setembro de 2006.

En 2005, traballou na súa primeira produción de Hollywood, xunto con Tom Hanks, para rodar a adaptación cinematográfica de The Da Vinci Code, na que interpreta a criptóloga Sophie Neveu. Porén, malia desta incursión no cine americano, a súa base de traballo segue a estar no seu país de orixe. Traballou con Gal Elmaleh en ‘’Hors de prix’’ en 2006. En 2009 estreou un filme sobre a vida de Coco Chanel, Coco, da rebeldía á lenda de Chanel, na que da vida á deseñadora.

Filmografía editar

Nomeamentos editar

Notas editar

  1. "Audrey Tautou". Encyclopædia Britannica. Consultado o 22 de agosto de 2008. born Aug. 9, 1976/78, Beaumont, Auvergne, France 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar