Napuka
Atol
Datos
País Francia
Illa principal
Linguas
Poboación (2007) 315 hab.
Superficie 8 km²
Superficie lagoa 18 km²
Nº de illas 30
Coordenadas 14°12′S 141°15′O / -14.200, -141.250Coordenadas: 14°12′S 141°15′O / -14.200, -141.250
Maior Altura 7 m.
Localización
Localización do atol

Napuka é un atol das Tuamotu, na Polinesia francesa. Forma parte, xunto con Tepoto Norte, das illas da Decepción. Administrativamente é a capital dunha comuna que inclúe os dous atois. Está situado ao nordés do arquipélago, a 926 km de Tahití.

Xeografía editar

É un atol de forma ovalada, de 9 km de longo e 3 km de ancho. A lagoa ocupa unha área de 18 km² e as terras emerxidas, 8 km². Non existe un paso practicable entre a lagoa e o océano. O anel coralino está formada por dúas illas e 32 illotes. Na illa do leste hai un aeroporto, e na illa do norte a vila principal: Tepukamaruia. A poboación era de 253 habitantes no censo de 2002, co principal recurso económico da produción de copra.

Historia editar

Napuka foi colonizado desde os atois veciños das Tuamotu. Atopáronse restos arqueolóxicos dunha decena de maraes, con cunchas de tartarugas no subsolo. O atol é un dos lugares utilizados polas tartarugas mariñas para aniñar. O primeiro europeo en chegar foi o inglés John Byron en 1765. Tamén se coñeceu como Whytoohee e Tepukamaruia.