Ailuk
Atol Ailuk
Datos
País Illas Marshall Illas Marshall
Illa principal Ailuk
Linguas
Poboación (2006) 488
Superficie 2´07 km²
Superficie lagoa 68´47 km²
Nº de illas 57
Coordenadas 10°19′40″N 169°56′00″L / 10.32778, -169.93333
Maior Altura
Localización
Localización do atol de Ailuk

Ailuk é un atol de 57 illas no océano Pacífico, e forma un distrito lexislativo da cadea Ratak nas Illas Marshall. Atópase aproximadamente a 72 km. ao norte de Wotje. A súa superficie total é de só 5´4 km², pero encerra unha lagoa cunha superficie de 177´45 km². Os illotes principais son: Ajelep, Aliej, Ailuk, Alkilwe, Barorkan, Biken, Enejabrok, Enejelar, Kapen e Marib. A maioría dos illotes están no lado oriental do atol. Os lados oeste e sur do atol teñen un continuo arrecife de coral mergullado, con tres pasos principais que conducen á lagoa: a canle Erappu, a canle Marok e a canle Eneneman no lado oeste.

Ailuk tiña unha poboación de 488 habitantes (a principios de 2006) aproximadamente.

Historia editar

Ailuk foi reclamada polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884, e os alemáns crearon un posto comercial. Despois da primeira guerra mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio Xaponés. Tras o final da segunda guerra mundial, quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico ata a independencia das Illas Marshall en 1986.

Ligazóns externas editar