Atelopus ignescens
Especie de ra
Atelopus ignescens | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Crítico | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Atelopus ignescens' (Cornalia, 1849) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
O Atelopus ignescens é unha especie de ra da familia Bufonidae. É endémica da zona norte dos Andes de Ecuador.[1] Considerouse extinta pois non se observaban exemplares dende 1988,[2] até que foi descuberta de novo no 2016.[3]
Redescubrimento editar
En maio de 2016, científicos do Centro Jambatu da Fundación Otonga e IKIAM anunciaron o redescubrimento da especie.[3] Foi observado primeiro por un sacerdote salesiano e unha familia labrega. Posteriormente, os expertos Luis Coloma, Giovanni Onore e Elicio Tapia certificaron o achado.[3]
O proceso de extinción desta especie relaciónase a múltiples factores, sendo algúns deles o cambio do clima, a aparición da enfermidade quitridiomicose, a perda de hábitat e a introdución de depredadores foráneos.[2][3]
Notas editar
- ↑ Frost, Darrel R. (2014). Amphibian Species of the World: an Online Reference. Version 6.0, ed. "Atelopus ignescens (Cornalia, 1849)". American Museum of Natural History. Consultado o 7 de outubro de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 Santiago Ron, Luis A. Coloma, Stefan Lötters, William Duellman, Martín R. Bustamante, Wilmar Bolívar, Enrique La Marca 2004. Atelopus ignescens. In: IUCN 2013. IUCN Red List of Threatened Species. Version 2013.1. Downloaded o 20 de outubro de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Coloma, Luis A. 2016. El Jambato negro del páramo, Atelopus ignescens, resucitó Arquivado 22 de xuño de 2017 en Wayback Machine.. IM ciencia. Consultada o 9 de maio de 2016.
Véxase tamén editar
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Atelopus ignescens |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Atelopus ignescens |
Bibliografía editar
- Ron, S., Coloma, L.A., Lötters, S., Duellman, W., Bustamante, M.R., Bolívar, W. & La Marca, E. 2004. Atelopus ignescens Arquivado 27 de xuño de 2008 en Wayback Machine.. Lista Vermella de Especies Ameazadas da UICN 2006. 9 de abril de 2008.