Asuka Langley Soryu

personaxe de Neon Genesis Evangelion
(Redirección desde «Asuka Langley Sōryu»)

Asuka Langley Soryu (惣流・アスカ・ラングレー Sōryū Asuka Rangurē?) é un personaxe ficticio da franquía Neon Genesis Evangelion. Na serie, é coñecida como o Segundo Neno e é a piloto do Evangelion Unidade 02. A personaxe de Asuka foi dobrada orixinalmente en xaponés por Yūko Miyamura, tanto no anime orixinal como en tódalas adaptacións. Nos filmes de Rebuild of Evangelion, o seu apelido xaponés foi modificado a Shikinami (式波?).

Asuka Langley Soryu
惣流・アスカ・ラングレ
Personaxe de Neon Genesis Evangelion
Primeira aparición "Asuka chega ó Xapón"
Creador(es) Gainax
Hideaki Anno
Yoshiyuki Sadamoto
Voz orixinal Yūko Miyamura
Información
Alcume Segundo neno
Sexo Feminino
Nacemento 4 de decembro de 2001
Familia Kyoko Zeppelin Soryu (nai)
Ryoji Kaji (gardián)
Misato Katsuragi (gardiá)

Nunha enquisa de Newtype feita en marzo de 2010, Asuka foi votada como a terceira personaxe feminina máis popular da década de 1990.[1]

Notas editar

  1. "NT Research". Newtype (Kadokawa Shoten) (4). marzo de 2010. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Fujie, Kazuhisa; Foster, Martin (2004). Neon Genesis Evangelion: The Unofficial Guide. Estados Unidos: DH Publishing, Inc. ISBN 0-9745961-4-0.