Astronomische Nederlandse Satelliet

Observatorio espacial neerlandés

Astronomical Netherlands Satellite, tamén coñecido polo seu acrónimo ANS, foi un observatorio espacial neerlandés lanzado o 30 de agosto de 1974 mediante un foguete Scout desde a base Vandenberg da Forza Aérea. Construíuse un duplicado do satélite que nunca chegou a voar e que foi doado finalmente a un museo.[2][4]

Astronomische Nederlandse Satelliet (ANS)
ANS
TipoObservatorio espacial.
Satélite deTerra
Data de lanzamento30 de agosto de 1974[1][2][3]
Foguete portadorScout[2][4]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2]
Duración da misión20 meses[2]
Obxectivo da misiónObservación astronómica en raios X.[2][4]
Decaemento14 de xuño de 1977
NSSDC ID1974-070A
Masa130 kg[2][4][5]

Características editar

ANS adicouse a observar e estudar o ceo en raios X e ultravioleta desde unha órbita heliosincrónica de 266 km x 1176 km e unha inclinación orbital de 98°. O rango de enerxías dos raios X observados era de entre 2 e 15 keV e no ultravioleta observou no rango de lonxitudes de onda de entre 1500 a 18.000 Ángstroms.[2][4]

A actitude do satélite controlábase mediante bobinas magnéticas que interactuaban co campo magnético terrestre e mediante volantes de inercia, e a determinación da posición levábase a cabo mediante sensores solares, de horizonte e estelares, así como cun magnetómetro.[2][4]

ANS reentrou na atmosfera terrestre o 14 de xuño de 1974.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ANS" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (4 de novembro de 2011). "ANS" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2011. 
  3. "Note verbale dated 28 November 1977 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (77-27037). 6 de decembro de 1977. Consultado o 22 de decembro de 2011. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ANS" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2011. 
  5. Mark Wade (2011). "ANS" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2011.