Astilleros de Mallorca

Astilleros de Mallorca é unha empresa mallorquina adicada á reparación naval.[1]

Astilleros de Mallorca
Fundación1942
LocalizaciónContramuelle-Mollet 11, Palma de Mallorca
Persoas claveDiego Colón de Carvajal
IndustriaNaval
ProdutosReparación de iates
Beneficio20 millóns de euros
Número de empregados90
editar datos en Wikidata ]

En 1942 fundouse Astilleros Palma para a construción de paquebotes mallorquinos de gran tamaño para comerciar con Barcelona e entre as illas. Nos anos 1950 pasaron a construír os buques en aceiro soldados. En 1968 fusionáronse os pequenos estaleiros Ballester e Llompart con Astilleros Palma. Nos anos 1970 pasaron a construír iates. Nos anos 1980 tomou o control da empresa as galegas Freire e Santo Domingo. En 1984 fabricouse o último gran buque, un gaseiro de 113 metros de eslora. En 1995 botouse o último iate construído no estaleiro adicándose dende entón ás reparacións navais.

Notas editar