Astérix na terra dos belgas

álbum de banda deseñada de Astérix

Astérix na terra dos belgas[1] (en francés: Astérix chez les Belges) é o vixésimo cuarto volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración),[2] publicado orixinalmente en 1979. Foi a derradeira historia de Astérix escrita por Goscinny, quen morreu durante a súa produción.[3]

Astérix na terra dos belgas
Título orixinalAstérix chez les Belges
Autor/aRené Goscinny
Ilustrador/aAlbert Uderzo
CubertaAlbert Uderzo
Orixe Francia
Linguafrancés
ColecciónAstérix
Xénero(s)Banda deseñada
EditorialFrancia Dargaud
Galicia Editorial Galaxia
Data de pub.Francia 1979
Galicia 1998
FormatoTapas duras
Páxinas50
ISBNISBN 84-8288-185-X
Precedido porObélix et Compagnie
Seguido porO gran foxo
TraduciónAntonio Pichel (1998)
editar datos en Wikidata ]

Foi traducido ó galego por Antonio Pichel e publicado pola Editorial Galaxia en 1998.[1][4]

Sinopse editar

Os romanos do campo fortificado de Laudanum quedan traumatizados despois dunha campaña en Bélxica, motivo polo que até o propio Xulio César describe ós belgas como os máis valentes de tódolos pobos da Galia. Abaracúrcix, ultraxado, decide ir el mesmo para defender a reputación dos galos celtas, e Astérix e Obélix acompáñano con pouco entusiasmo.

Unha vez en Bélxica, os galos coñecen unha tribo belga e deciden organizar un concurso arbitrado polo mesmo Xulio César para que sexa el quen diga quen son os máis valentes, mais César ten outros plans.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Astérix na terra dos belgas. Traducido por Antonio Pichel (1ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. 1998. ISBN 84-8288-185-X – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. "Astérix chez les Belges - Astérix - Le site officiel". www.asterix.com (en francés). Consultado o 4 de outubro de 2018. 
  3. René Goscinny - Asterix in Belgium - Hachette Children's Group (en inglés). 
  4. "Astérix fala galego desde 1976". Sermos Galiza. 31 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019.