Asociación de Construtores Europeos de Automóbiles

A Asociación de Construtores Europeos de Automóbiles, en francés Association des constructeurs européens d'automobiles e en inglés European Automobile Manufacturers Association, comunmente coñecida como ACEA é un lobby fundado en 1991 que representa os intereses da industria automobística europea diante a Unión Europea[1].

Organización e membros editar

A ACEA agrupa quince membros: BMW, DAF Trucks, Daimler AG, Fiat, Ford Europa, General Motors Europa, Jaguar Land Rover, MAN AG, Porsche, PSA Peugeot-Citroën, Renault, Scania, Volkswagen, Volvo e Toyota Europa. A súa sede permanente está na cidade de Bruxelas, o seu secretario xeral é desde 2001 Ivo Hodac, a presidencia é rotatoria entre os membros, exércea para o período 2008-2009 Christian Streiff, director executivo de PSA Peugeot-Citroën.

Acordo de 1998 coa UE editar

En 1998 subscribiu un acordo coa Unión Europea para reducir as emisións de CO2 dos novos vehículos, fabricandos ou importados, que se concretou na diminución dunha media dun 2,5% anual das emisións dos fabricantes[2] pero que non deu os resultados que esperaba a Comisión Europea[3]

Notas editar

  1. "Web da ACEA". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2010. Consultado o 27 de abril de 2009. 
  2. Raphael Edinger e Sanjay Kaul Sustainable mobility: renewable energies for powering fuel cell vehicles. Greenwood Publishing Group, 2003, páxina 21
  3. "Transportenvironment.org/docs/Publications/2006/2006-10_how_clean_is_your_car_brand.pdf" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de marzo de 2009. Consultado o 27 de abril de 2009.