Asker é un concello no condado de Akershus en Noruega. Limita cos concellos de Bærum, Røyken e Lier. O nome procede da palabra norueguesa ask, freixo. En Skaugum, dentro dos límites municipais de Asker, encóntrase a residencia oficial do príncipe herdeiro noruegués. O seu equipo de fútbol feminino, o Asker Fotball Kvinner é un dos principais da Toppserien, a liga femina de fútbol.

Modelo:Xeografía políticaAsker
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 59°49′59″N 10°26′21″L / 59.83306, 10.43917Coordenadas: 59°49′59″N 10°26′21″L / 59.83306, 10.43917
EstadoNoruega
Condado da Noruega (pt) TraducirAkershus (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CapitalAsker (en) Traducir (–2019) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación61.523 (2019) Editar o valor em Wikidata (610,86 hab./km²)
Número de fogares24.535 (2018) Editar o valor em Wikidata
Lingua usadabokmål (målform (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie100,71538293728 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1837 Editar o valor em Wikidata
Disolución31 de decembro de 2019 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porAsker Municipality (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Evento clave
1 de xaneiro de 1996boundary change (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataLene Conradi (en) Traducir (2007–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webasker.kommune.no Editar o valor em Wikidata

Xeoloxicamente Asker pertence á fosa tectónica de Oslo, os outeiros de rocha basáltica caracterizan a paisaxe, as rochas sedimentarias do cámbrico forman a chaira e as áreas do litoral que se estenden cara ao fiorde. Asker é un concello rural nos suburbios de Oslo, para onde van traballar a maior parte da poboación, comunicándose por medio do Flytoget, un tren de alta velocidade, sendo a estación de Asker a quinta de Noruega en número de viaxeiros. Cara ao leste Asker ábrese ao fiorde de Oslo, os seus illotes e arrecifes son un destino popular entre os noruegueses, tamén é importante o Museo de Asker.

Igrexa de Asker

Lugares editar

 
Estación de ferrocarril de Asker
 
Residencia oficial do príncipe herdeiro en Skaugum

Personalidades editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar