Asia-Europe Meeting

O Asia-Europe Meeting (ASEM) é un foro interrexional que agrupa a países de Europa e Asia para afondar nas relacións entre os dous continentes a todos os niveis establecida en 1996 polos países da Unión Europea, os da ASEAN mais China, Xapón e Corea do Sur aos que posteriormente se sumaron outros estados. Os encontros organízanse arredor de tres piares: política, seguridade e economía e educación e cultura, organizándose unha xuntanza de xefes de estado e goberno bianualmente alternándose entre Europa e Asia e diversos encontros de ministros. En 1997 creouse no marco do foro a Fundación Asia-Europa con sede en Singapur, que constitúe a única organización baixo cobertura da ASEM.

Asia-Europe Meeting
Tipoconferencia
Data de fundación1996
Na rede
http://www.aseminfoboard.org/
editar datos en Wikidata ]
Membros de ASEM en 2012