Pobo ashanti
Os ashantis son un dos principais grupos étnicos da Rexión Ashanti, en Ghana. Os ashantis falan ashanti, tamén chamado twi, unha lingua akan semellante ao fanti.
Pobo ashanti | |
---|---|
Bandeira | |
Poboación | |
Poboación total: Máis de 10 millóns | |
Rexións principais: | |
Ghana | 10 millóns |
Aspectos culturais | |
Lingua | Twi |
Relixión | Cristianismo, relixións tradicionais africanas, islam |
Grupos relacionados | Akan, fanti |
Antes da colonización europea, os ashantis desenvolveron un importante imperio na África Occidental. Posteriormente, desenvolveron a poderosa Confederación Ashanti e tornáronse dominantes na rexión.
Os ashantis están instalados na parte central de Ghana nos días actuais, a cerca de trescentos quilómetros da costa. Actualmente os ashantis suman preto de 7 millóns de persoas (cerca do 30% da poboación de Ghana. O seu poder político ten flutuado desde a independencia de Ghana, mais continúan a ser amplamente influentes. O actual presidente ganense, John Agyekum Kufuor é ashanti. Kumasi, a capital da actual rexión Ashanti, tamén foi a histórica capital do Reino Ashanti. A rexión Ashanti conta cunha poboación de 3 612 950 habitantes, sendo a división administrativa máis poboada de Ghana.
Situados ao nordeste de Kumasi, a capital da rexión Ashanti, os edificios tradicionais feitos de terra, madeira e palla, vulnerábeis ao tempo, e que constitúen os únicos vestixios da antiga civilización ashanti, foron inscritos pola UNESCO, en 1980, na lista dos sitios considerados Patrimonio Mundial.
Importancia editar
É unha sociedade caracterizada pola igualdade de xéneros e o respecto ás mulleres, da que non se atopou ningún rastro que indique que houbese ningunha violación. No pobo ashanti a violación non é aceptábel de ningunha maneira, baixo ningunha circunstancia. Non existe nel cultura da violación.[1][2]
Notas editar
- ↑ Andrew Lawrence Spivak, Dissertation: Evaluating Theories of Sexual Violence Using Rape Offenses in the National Crime Victimization Survey and the National Incident Based Reporting System. University of Oklahoma, 2007 ISBN 9780549397175 (inglés)
- ↑ Robert Sutherland Rattray, Ashanti, Negro Universities Press, 1923 (inglés)