Asfalto (grupo musical)

grupo de rock español

Asfalto é un grupo de rock español fundado en 1972.

Asfalto
OrixeMadrid, España
Período1972 - 1994
Xénero(s)rock
MembrosJulio Castejón
José Luis Jiménez
Lele Laina
Enrique Cajide
Jorge Benegas
José Ramón Pérez Guny
Miguel Oñate
Terry Barrios
Ricardo Benitez
Na rede
www.grupoasfalto.com
Facebook: grupoasfalto Souncloud: asfaltooficial Spotify: 35O0ZY2fK0SHOrcwkEugK0 iTunes: 340604936 Musicbrainz: 739a7067-9de2-430c-a177-e8da7597172e Songkick: 218659 Discogs: 726244 Allmusic: mn0000387638 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Os seus membros iniciais son Julio Castejón (Guitarra e voz), Enrique Cajide (batería), José Luís Jiménez (Baixo e voz) e Lele Laina (Guitarra). Publicaron o seu primeiro disco en 1978, que contén os seus temas máis coñecidos (Días de escuela, Capitán Trueno). Durante a súa traxectoria, Asfalto situouse na fronteira entre os grupos de pop comerciais e o Heavy Rock de Barón Rojo e Obús, o que denominaron rock urbano.

A pesar do éxito inicial produciuse unha ruptura e abandonan o grupo Jiménez e Laina, que formarían Topo. Entran no grupo Jorge García Banegas (teclista) e José Ramón Pérez. A banda coa nova formación chega a tocar en Inglaterra. Editan un segundo álbum co título de Al otro lado, no que é evidente a influencia do rock sinfónico, o seguinte traballo titúlase Ahora, e tras este vén unha recompilación co título de Lo mejor de Asfalto na que se inclúe a súa "Canción para un niño", tema inédito ata entón e que seguiu sen aparecer en ningún álbum da banda.

En 1980 ve a luz "Déjalo así", o primeiro álbum dobre de estudo gravado por un grupo español, con todo problemas con Zafiro lévalles a montar a súa propia discográfica en 1982, onde lanzan "Más que una intención" en 1983, con Miguel Oñate como cantante; este álbum aparece tamén en formato de vídeo, cousa que ningún grupo nin solista fixera ata entón en España. Ó ano seguinte aparece "Cronophobia", o grupo continúa actuando con bastante éxito ata 1985. Neste ano abandona o grupo Oñate e entra no seu lugar Ricardo Benitez "Richie" (diminutivo que curiosamente aparece nunha das cancións de "Más que una intención". En 1986 editan "Corredor de fondo", onde non manteñen o nivel e Richie deixa o grupo. No 1987 publicase "15 años de música", no que regravan os seus maiores éxitos, os músicos da banda que os interpretaron nos discos orixinais; o álbum contiña ademais "El teatro de la vida", tema inédito en disco e anterior á publicación do primeiro traballo.

O público comeza a decaer e coa antiga formación con Terry Barrios como batería actúan unha tempada como Rockorquesta, interpretando temas clásicos do rock de sempre. Aparece en 1988 "Los Singles" unha recompilación que incluía curiosidades e rarezas tales como a versión en inglés de "Halley", "Dinos que fue" (a continuación de "Rocinante"), ou "Justo y traidor", tema que foi cara B do sinxelo "La paz es verde" e que non foi incluído no álbum aínda que si no vídeo. En 1990 publicase "Solo por dinero" un disco intranscendente. Continúan posteriormente con repertorio de Asfalto e Topo. Barrios morre en 1992 e, tras unha homenaxe, Asfalto decide volver á estrada con Cajide de novo como batería.

En 1994 publicase "El Planeta de los Locos" un disco bastante elaborado. Aínda que pouco tempo despois decídese disolver o grupo para seguir os seus membros carreiras en solitario, como Julio Castejón que na actualidade ten varios discos coa formación "Julio Castejón y Los Trípodes" e Jose Luis Jiménez que segue cos seus Topo. Banegas dedícase á música electrónica mentres que de Miguel Oñate segue en solitario.

Discografía editar

  • Asfalto (1978)
  • Al otro lado (1978)
  • Ahora (1979)
  • Lo mejor (1980)
  • Déjalo así (1981)
  • Más que una intención (1983)
  • Cronophobia (1984)
  • Corredor de Fondo (1986)
  • 15 años de música (1987)
  • Los Singles (1988)
  • Sólo Por Dinero (1990)
  • El Planeta de los Locos (1994)