Aserca Airlines C.A. (Aero Servicios Carabobo) foi unha aeroliña venezolana baseada en Valencia, Carabobo. Operaba servizos regulares domésticos e rexionais a destinos no Caribe, Centroamérica e os Estados Unidos. A súa base principal estaba no aeroporto Arturo Michelena en Valencia, cun centro de conexións no aeroporto Simón Bolívar de Caracas.

Aserca Airlines
IATA
R7
OACI
OCA
Indicativo
ASERCA
Fundación1968
Fin das operacións2018[1][2]
Aeroporto principalaeroporto Arturo Michelena
Centro de conexiónaeroporto Simón Bolívar
Plan de voo frecuentePrivilege
Frota10
Destinos12
Eslogan da compañía¡Por todo lo alto!
SedeValencia, Carabobo
Páxina web: http://www.asercaairlines.com/

Historia editar

A aeroliña foi creada no ano 1968 e iniciou as súas operacións en 1991 con avións pequenos para transporte privado. En 1992 entrou no mercado regular doméstico cun Douglas DC-9-30 alugado. As operacións de Aserca centráronse en Valencia, pero desenvolveu un centro de conexións en Caracas despois de 1994 que, combinado coa desaparición da aeroliña nacional Viasa en 1997, fixo que a compañía experimentase un crecemento significativo no seu mercado, expandindo a súa rede a Bogotá, Lima e Miami a través de Aruba. Entre 1998 e 2000 Aserca tivo o control da meirande parte de Air Aruba. En 2008 mercou a aioría das accións da aeroliña venezolana SBA Airlines (anteriormente Santa Bárbara Airlines).

En xuño de 2013 o Instituto Nacional de Aeronáutica Civil (INAC) de Venezuela anunciou que ía prohibir o uso de avións antigos no país como os Douglas DC-9, Boeing 727 e Boeing 737-200 a partir do 1 de novembro dese ano. Aserca Airlines puido conseguir un permiso especial do INAC para seguir operando os seus dous DC-9 restantes ata o 1 de xullo de 2014. A aeroliña substituíu os avións por dous MD-87 que pertenceran a Aeroméxico.

O 22 de maio de 2018 Aserca anunciou o cesamento de todas as súas operacións e a devolución do seu certificado de operador aéreo.[3][1][2]

Frota editar

En setembro de 2017 a frota de Aserca Airlines estaba formada polos seguintes avións:[4]

Frota de Aserca Airlines
Avión En servizo Pasaxeiros Notas
McDonnell Douglas MD-82 4 152
McDonnell Douglas MD-83 6 152
Total 10

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Aserca Airlines cierra operaciones en Venezuela". El Universal. Consultado o 15 de outubro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Aserca Airlines". ch-aviation. Consultado o 15 de outubro de 2018. 
  3. "Aserca anunció el cese de sus operaciones tras 25 años en el país". El Carabobeño. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2018. Consultado o 15 de outubro de 2018. 
  4. Planespotters (ed.). "Aserca Airlines Fleet Details and History". Consultado o 25 de abril de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar