Asdrúbal Álvarez Galindo

empresario e sindicalista español

Asdrúbal Álvarez Galindo, nado en Carcaixent o 19 de febreiro de 1891, foi un empresario e sindicalista español.

Infotaula de personaAsdrúbal Álvarez Galindo
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1891 Editar o valor em Wikidata
Carcaixent Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , sindicalista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Monumento en Oza ós ocupantes da embarcación "La Libertaria", obra de Jorge Pastor.

Militante anarquista, xunto co seu irmán Aníbal formaron parte de organizacións terroristas que realizaron atentados contra a patronal e as autoridades en Barcelona no período 1919-1923.[1] Exportador de peixe do porto da Coruña durante a República. Foi alicerce do Sindicato de la Industria del Transportes. Membro da sociedade patronal de Exportadores de peixe da que foi elixido vicepresidente en 1929.[2]. Foi presidente do Ateneo Popular Coruñés e militou en Izquierda Republicana. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado. Xunto con Maximino Zás mercararon unha pequena embarcación de servizo de porto e organizaron a fuga da motora La Libertaria en xaneiro de 1937. Foi xulgado en Ferrol por sedición e declarado en rebeldía. Embarcou en Santander rumbo a Francia o 25 de febreiro de 1937. Volveu de Francia para loitar pola República. Exiliouse en México.[3]

Vida persoal editar

Casou con Carmen Colom Sentis.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar