Ascensor panorámico do Monte de San Pedro

Coordenadas: 43°22′41″N 8°25′54″O / 43.37801, -8.43163

O ascensor panorámico do Monte de San Pedro é un ascensor esférico de cremalleira situado na cidade da Coruña. Foi inaugurado en abril de 2007 e comunica o paseo marítimo da cidade co parque do Monte de San Pedro. O ascensor foi deseñado e construído pola empresa de Narón Ártabro Samdeu[1].

Ascensor panorámico do Monte de San Pedro

Trátase dunha estrutura esférica metálica de deseño futurista, construída con perfís de aceiro inoxidable e placas curvadas de policarbonato. O traxecto que realiza é de 100 metros, ascendendo unha parede rochosa de 63 metros de altura, que permite divisar toda a enseada do Orzán. A viaxe dura 3 minutos e 20 segundos.

A viaxe ten un prezo de 3 euros, aínda que dispón de tarifas reducidas para diversos colectivos como os nenos ou os maiores de 65 anos.

Non conta con correspondencia con liñas de autobuses urbanos, aínda que as liñas 3, 3A, 12 e 14 contan con parada nas inmediacións do parque do Monte de San Pedro.

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar