As pitas baixo a chuvia

narración de Ricardo Carballo Calero

As pitas baixo a chuvia é un relato de Ricardo Carvalho Calero publicado en 1952 no nº 224-225 da revista Lar, da Asociación Galega de Beneficiencia e Mutualidade Hospital Gallego de Buenos Aires. Reeditouse en 1982 en A gente da Barreira e outras histórias[1] e en 1984 na Narrativa completa[2]. Tamén reeditado en 2008 por Edicións Embora como As pitas baixo a choiva. Son só unhas tres páxinas.

As pitas baixo a chuvia
Autor/aRicardo Carballo Calero
OrixeGalicia
LinguaGalega
Xénero(s)Narrativa
EditorialLar
Data de pub.1952
editar datos en Wikidata ]

Foi levada ao teatro en 2022 pola compañía Ghazafelhos.[3]

Trama editar

Lembra, trinta e cinco anos antes, aqueles galos de cando neno, eran outra cousa, non como os de agora.

Eran unhas aves ergueitas, lanzais, majestosas. Cristas vermellas que pandeaban co pesadume, feros peteiros, ollos acesos, colo tornasolado de lene e fonge plumaje, podentes asas, esporas douradas; e a cola un chafaris de lunes e de sombras, con aquelas longas penas, corvas como cajados, como báculos de pegureiros, de bispos orientáis. Algo de militar, de real, de pontifical habia naqueles galos. Capitáns de Flandres, príncipes idumeus, arquimandritas siríacos.[4]

Moito quería o neno os animais. Pasa tempo véndoas escaravellar, recolle os ovos, ponlles nomes a todas. De súpeto empeza a chover torrencialmente. Non había poleiro no curro, que se metían nun rocho da casa. Ve as galiñas todas molladas e arrimadas aos muros, tenta collelas para metelas dentro, mais elas non se deixan e acaba o rapaz todo mollado. O pai tenta que se recolla e o cativo non está disposto a deixar as galiñas. Acaba saíndo toda a familia con paraugas a recoller as pitas. Só queda o galo, píllao a avoa polo rabo, pero esvara e cae toda mollada.

Malia os paraugas estabamos todos mollados coma pitos.[5]

Características editar

Na edición de 1984 sinálase:

O ambiente do relato (“O lar de Clara”) é o de “As pitas baixo a chúvia” e, se cadra, “A cegoña”, contos de protagonista infantil[6]

Henrique Rabuñal comenta:

No relato volvemos ao universo do conto anterior (“Os Tumbos”) e tamén emerxe a vida familiar. O narrador evoca aquí capítulos da súa biografía estival, os galos e as galiñas daquela casa venerada da nenez e o lecer en que cultivou o amor polos animais. Un narrador que lembra o curro das galiñas bautizadas por el mesmo. Tamén a chuvia estival e como o raparigo non para até meter na casa as pitas e o galo antes de pórse el a cuberto.[7]

Notas editar

  1. Carballo Calero, Ricardo (1984). A gente da Barreira e outras histórias. Follas Novas: Santiago. Páxs. 135-139. ISBN 84-85385-26-8
  2. Carballo Calero, Ricardo (1984). Narrativa completa. Ediciós do Castro. Páxs. 199-201. ISBN 84-7492-321-2
  3. "'As pitas baixo a choiva', próxima obra no ciclo Domingos do Principal". Pontevedra Viva. Consultado o 2022-10-04. 
  4. Carballo Calero 1984, p. 199.
  5. Carballo Calero 1984, p. 201.
  6. Carballo Calero 1984, p. 11.
  7. Rabuñal, Henrique (2020). Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra. Galaxia. p. 139. ISBN 978-84-9151-436-7. 


Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar