As Casas da Feira, Cotá, Friol

lugar da parroquia de Cotá, no concello de Friol

As Casas da Feira é un lugar da parroquia de San Martiño de Cotá no Concello de Friol. O seu nome deriva da feira que se celebraba o día 18 de cada mes nese lugar[1]. Esta feira xa non se celebra aínda que foi moi coñecida durante os séculos XIX e XX, con moitas anécdotas e referencias na prensa[2]. O produto estrela desta feira era o queixo, o que levou a que a aldea fose coñecida co nome de "Cotá dos queixos"[3]. As casas e edificacións (entre elas os vellos pendellos da feira) que quedaron ao redor do lugar da Feira coñécense como As Casas da Feira. Neste lugar tamén hai unha fonte e accédese dende a ponte sobre o río Narla que separa o lugar da aldea de Cotá.

As Casas da Feira

Detalle de parte dos pendellos da antiga feira de Cotá
ParroquiaCotá
ConcelloFriol
Coordenadas43°02′36″N 7°43′06″O / 43.043235806404, -7.7182647355973Coordenadas: 43°02′36″N 7°43′06″O / 43.043235806404, -7.7182647355973
editar datos en Wikidata ]

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Cotá editar

Lugares da parroquia de Cotá no concello de Friol (Lugo)

Agruñá | As Casas da Feira | Coído | Cotá | Dombrollo | Os Lagouzos | A Pena | A Ponte | Portasueiro | A Rexidoira | Silvarredonda

Parroquias de Friol editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Friol

Anafreita (San Pedro) | Anxeriz (Santa María) | Bra (San Martiño) | Carballo (San Xiao) | Carlín (Santa María) | Cotá (San Martiño) | Friol (San Xiao) | Guimarei (Santa María) | Guldriz (Santiago) | Lamas (Santa María) | Lea (San Xurxo) | Madelos (Santalla) | Miraz (Santiago) | Narla (San Pedro) | Nodar (San Mamede) | Ousá (San Xiao) | O Pacio (Santa María) | Prado (San Martiño) | Ramelle (Santa María) | Rocha (San Cosmede) | Roimil (San Xiao) | San Cibrao da Pregación (San Cibrao) | San Martiño de Condes (San Martiño) | Santalla de Devesa (Santalla) | Seixón (San Paio) | Seoane da Pregación (San Xoán) | Serén (Santa Cruz) | Silvela (Santa María) | Trasmonte (Santiago) | Vilafiz (Santa María) | Vilalvite (San Pedro) | Xiá (Santa María)

Notas editar

  1. "Ferias". ocioengalicia. Consultado o 5 de xuño de 2020. 
  2. "Da restauración á guerra civil (IV) Das feiras". terrasdefriol.blogspot.com. Consultado o 5 de xuño de 2020. 
  3. Rodríguez Iglesias, Francisco (2003). Galicia para comer. Hércules de Ediciones. ISBN 978-84-94386-80-0.