Āryabhaṭa II, nado contra o 920 e finado contra o 1000, foi un matemático e astrónomo indio, autor do Maha-Siddhanta. O numeral II emprégase para distinguilo do máis antigo e máis influente Aryabhata (ou Āryabhaṭa I).

Infotaula de personaAryabhata II
Nome orixinal(sa) आर्यभट्टाचार्य Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(sa) आर्यभट्टा Editar o valor em Wikidata
c. 920 Editar o valor em Wikidata
Subcontinente indio Editar o valor em Wikidata
Mortec. 1000 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Subcontinente indio Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmatemático , astrónomo , astrólogo Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

O Mahasidhanta editar

A máis famosa obra de Aryabhatta II foi o Mahasiddhanta, tratado en dezaoito capítulos escrito en verso, en sánscrito. O doce primeiros capítulos tratan asuntos relacionados cos coñecementos matemáticos e astronómicos indios até o período no que foi escrito, como as lonxitudes dos planetas, as eclipses lunares e solares, a precisión das eclipses, as fases da Lúa, as saídas e ocasos dos planetas, e a asociación dos planetas entre eles e coas estrelas.

Os seguintes seis capítulos inclúen temas de xeometría, xeografía e álxebra, aplicados para o cálculo das lonxitudes dos planetas. Nuns vinte versos dá regras elaboradas para resolver a ecuación indeterminada by = ax + c. Estas regras aplícanse diferentes caso como cando c ten valor positivo, ou cando c é negativo, cando é enteiro, e cando é fraccionario etc.

Outras contribucións ás Matemáticas editar

Aryabhata II tamén describiu un método para calcular a raíz cúbica dun número; método que xa propuxera Aryabhata I moitos anos antes. Os matemáticos indios tiñan correctas táboas de senos que xogaban un importante papel para calcular as posicións dos planetas o máis aproximadamente posíbel. Aryabhatta II xogou un vital papel na construción de táboas de senos, que proporcionaban até cinco decimais.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar