Aryabhata (satélite)

Primeiro satélite artificial indio
Véxase tamén: Aryabhata (homónimos).

Aryabhata foi o primeiro satélite artificial fabricado pola India. O nome provén do matemático e astrónomo hindú Aryabhata (476 - 550). Foi lanzado pola antiga Unión Soviética a bordo dun foguete Cosmos-3M (Kosmos 11K65M) desde o Cosmódromo de Kapustin Yar o 19 de abril de 1975. O satélite foi fabricado pola Axencia India de Investigación Espacial (ISRO).

Aryabhata
Aryabhata
TipoExperimental.
OrganizaciónIndian Space Research Organisation
Data de lanzamento19 de abril de 1975[1][2][3]
Foguete portadorIntercosmos II[2][4]
Sitio de lanzamentoKapustin Yar[2]
Obxectivo da misiónExperimental.[2]
Decaemento11 de febreiro de 1992[1]
NSSDC ID1975-033A
Masa360 kg[2][4][5]
Potencia46 W[2][4]

As operacións científicas do satélite consistían en experimentos sobre astronomía de raios X, o estudo das capas altas da atmosfera terrestre e sobre física solar. O satélite tiña forma de polígono de 26 caras, cubertas por paneis solares excepto a cara inferior a cara superior; a masa total do corpo era de 360 kg. Tras catro días en órbita, un fallo de enerxía inutilizou o satélite para proseguir cos experimentos, e aos cinco días de estar en órbita deixáronse de recibir sinais del.

A reentrada na atmosfera produciuse o 11 de febreiro de 1992.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ARYABHATA" (en inglés). Consultado o 20 de decembro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (4 de novembro de 2011). "Aryabhata" (en inglés). Consultado o 20 de decembro de 2011. 
  3. Rikhi JAIPAL (24 de xullo de 1975). "Letter dated 10 July 1975 from the Permanent Representative of India to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (75-14535). Consultado o 20 de decembro de 2011. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Aryabhata 1" (en inglés). Consultado o 20 de decembro de 2011. 
  5. Mark Wade (2011). "Aryabhata" (en inglés). Consultado o 20 de decembro de 2011.