Articulación temporomandibular

(Redirección desde «Articulación témporo-mandibular»)

A articulación temporomandibular humana é unha articulación entre o maxilar inferior e o temporal, na que se artellan:

  • Cóndilo da mandíbula.
  • Cavidade articular do temporal.
Vista lateral da articulación temporomandibular no primeiro plano.

Esta articulación é fundamental para a mastigación, xa que permite mover a mandíbula.

Movementos da articulación editar

  • Elevación e descenso.
  • Proxección cara a adiante e cara a atrás.
  • Lateralización.

Ligamentos articulares editar

  • Cápsula articular: contornea as superficies óseas.
  • Ligamento temporomandibular: é o ligamento de maior entidade.
  • Ligamento estilomaxilar: forma parte do Ramallete de Riolano. Provén da apófise estiloide e chega ó maxilar inferior.
  • Ligamento esfenomaxilar: provén da espiña do esfenoide.

Músculos da articulación editar

  • Depresores: ventre anterior do digástrico, milohioide. Accesoriamente tamén o xenihioide.
  • Elevadores: temporal, maseter, pterigoide interno.
  • Proxectores cara a adiante: os dous pterigoides externos contraéndose simultaneamente.
  • Proxectores cara a atrás: digástrico, fibras horizontais do temporal.
  • Lateralizadores: os pterigoides internos e, sobre todo, os externos, contraéndose alternativamente dun só lado.