Articulación umerocubital

(Redirección desde «Articulación úmero-cubital»)

A articulación umerocubital é unha articulación do membro superior humano, que forma parte do cóbado. Artella o úmero e o cúbito, permitindo movementos de flexión, extensión e circundución.

Cóbado

Superficies articulares editar

Na parte superior ou proximal, participa a tróclea umeral, que encaixa coa epitróclea cubital, que constitúe a parte inferior ou distal da articulación. Os bordos da epitróclea evitan os movementos laterais.

Músculos que participan editar

Participan na flexión: o músculo bíceps braquial e o músculo braquial anterior, axudados polo músculo braquiorradial. Na extensión colaboran o tríceps braquial e o músculo ancóneo, colaborando con eles os músculos do epicóndilo lateral.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.