Fabien Avenarius Lloyd, nado en Lausana o 22 de maio de 1887 e finado no golfo de México en 1918, máis coñecido co pseudónimo de Arthur Cravan, foi un boxeador e escritor francés.

Infotaula de personaArthur Cravan

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Fabian Avenarius Lloyd Editar o valor em Wikidata
22 de maio de 1887 Editar o valor em Wikidata
Lausana, Suíza Editar o valor em Wikidata
Desapariciónc. P746
Morte1918 Editar o valor em Wikidata (30/31 anos)
Río Grande, América do Norte Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Afogamento Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónboxeador , poeta , escritor Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioArthur Cravan Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
DeporteBoxeo Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMina Loy (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Fillos[Jemima] Fabienne Cravan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisOtho Holland Lloyd (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Clara St. Clair Hutchinson (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsOtho Lloyd (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Retrato de Arthur Cravan, por Jean-Paul-Louis Lespoir.

Traxectoria editar

Era fillo de Otho Holland Lloyd, que á súa vez era cuñado de Oscar Wilde, tras casar este en 1884 con Constance Mary Lloyd.

Entre 1912 e 1915 editou e redactou en París a revista Maintenant, da que saíron cinco números. A publicación prefigurou a aparición inminente do movemento vangardista do dadaísmo. Nela había oco para a crítica literaria e artística, xunto a excentricidades e provocacións de todo tipo. Así, nunha ocasión anunciou que se suicidaría en público, o que concentrou a numerosos curiosos, aos que, despois de acusalos de voyeuristas, deu unha conferencia detallada sobre a entropía. Había tamén críticas que caían na descualificación, como á pintora Marie Laurencin, parella de Guillaume Apollinaire.

En 1915, fuxindo da primeira guerra mundial, abandonou Francia e refuxiouse en Barcelona, onde volveu exercer de boxeador e montou unha academia. Organizou un combate con Jack Johnson, campión do mundo naquel momento, que o deixou KO no sexto asalto. Se ben Johnson levou o peso do combate desde o comezo, aguantou até o sexto asalto para tombar o poeta porque asinara un contrato para a filmación do combate, estipulando unha duración mínima.

Despois Cravan embarcouse cara a Nova York, onde coñeceu a personalidades como a poeta Mina Loy, coa que tivo unha intensa relación. Ela comezou a novela Colossus tomándoo como modelo, pero deixouna inacabada.

Arthur Cravan desapareceu en 1918[1] no golfo de México, durante unha travesía polo océano Atlántico, pero o seu corpo nunca foi encontrado.

Obra editar

  • Oeuvres (éditions Gérard Lebovici, 1987).
  • J'étais cigare: Maintenant con Fragments e unha carta. Eric Losfeld, París, 1971
  • Revista Maintenant: números 1 (abril 1912), 2 (xullo 1913), 3 ("Oscar Wilde est vivant!", outubro-novembro 1913), 4 ("L'Exposition des Indépendants", marzo-abril 1914) e 5 ("Poète et boxeur ou l'Âme au vingtième siècle", marzo-abril 1915).

Notas editar

  1. André Breton do que foi en 1920 no seu libro Anthologie de l'humour noir.