Artes, Carballo
San Xurxo de Artes[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE, no 2019 a súa poboación descendera ata os 586 habitantes, sendo 272 homes e 314 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 685 habitantes (343 homes e 342 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 686 habitantes.
Artes | |
---|---|
Pazo de Vilardefrancos en Artes. | |
Concello | Carballo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°11′36″N 8°39′24″O / 43.19327222, -8.65673611Coordenadas: 43°11′36″N 8°39′24″O / 43.19327222, -8.65673611 |
Poboación | 586[2] hab. (2019) |
Entidades de poboación | 28[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio editar
Nos lindes da parroquia está o pazo de Vilardefrancos. O edificio mantén a súa estrutura orixinal en bo estado de conservación. Preto do pazo podemos atopar un espectacular exemplar de carballo.
De interese son tamén o pazo das Pallas e a igrexa barroca de San Xurxo.
Sábese da existencia da Moa Zapateira, unha mámoa localizada no casarío do Vilar.[Cómpre referencia]
Lugares e parroquias editar
Lugares de Artes editar
Lugares da parroquia de Artes no concello de Carballo (A Coruña) | |
---|---|
A Aldea | O Almacén | A Altiboa | O Alto | Armeade | Baltar | O Barral | Cabalos | A Calzada | O Campo | Choias | Os Cuartos | A Feira de Berdillo | O Forno | A Fraga | A Igrexa | As Pallas | A Pedrosa | Picoto | Os Pinos | A Pontenova | Quintela | A Telleira | Vilanova | Vilar de Francos | O Vilar | Vilarvello | O Xamozo |
Parroquias de Carballo editar
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2021. Consultado o 21 de setembro de 2020.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Parroquias de Artes, Sofán e Berdillo. Andando por Bergantiños. Instituto de Estudos Bergantiñáns. 2011.
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
Este artigo sobre parroquias da Coruña é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |