Arterias dixitais palmares comúns

As arterias dixitais palmares comúns son un conxunto de arterias do membro superior humanro, pertencentes á man. Abastecen a parte lateral do maimiño, o dedo anular, o dedo medio e a parte medial do dedo índice. Únense coa arteria metacarpiana palmar, procedente do arco arterial palmar fondo da man, antes de bifurcárense nas arterias dixitais palmares propias, que abastecen os dedos.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)