Arteria dorsal da escápula

A arteria dorsal da escápula é unha arteria do membro superior humano. Abastece o músculo elevador da escápula, os músculos romboides e o músculo trapecio.

Arteria dorsal da escápula

Adoita ser unha póla da arteria subclavia, pero ás veces é unha póla da arteria cervical transversa. Discorre xunto ao músculo elevador da escápula, subindo ata o ángulo superior da escápula. Despois descende para abastecer os dous músculos romboides, percorrendo o bordo axilar da escápula ata o ángulo inferior.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.