Artaxerxes II

rei aqueménida de Persia

Artaxerxes II Memnón (c. -436 - -358) foi rei de Persia desde -404 ata a súa morte.

Infotaula de personaArtaxerxes II

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento436 a. C. Editar o valor em Wikidata
Morte358 a. C. Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
Persépole Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaPersépole Editar o valor em Wikidata
Faraón
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónZoroastrismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónrei Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua persa antiga Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloFaraón Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía aqueménida Editar o valor em Wikidata
CónxuxeEstatira (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosArtaxerxes III, Arsames (pt) Traducir, Apama (en) Traducir, Atossa (pt) Traducir, Rodoguna (filha de Artaxerxes II) (pt) Traducir, Amastris (filha de Artaxerxes II da Pérsia) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisDarío II Editar o valor em Wikidata  e Parisatis Editar o valor em Wikidata
IrmánsOstanes (pt) Traducir, Ciro o Novo e Amástris (filha de Dario II) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Artaxerxes II nunha moeda aqueménida (ca. 330-300 a. de C.).

Defendeu a súa pretensión ao trono contra o seu irmán Ciro o Novo, o cal foi derrotado e morto na Batalla de Cunaxa no ano -401, e contra un levantamento dos sátrapas (gobernadores) das provincias occidentais (-366 - -358).

Tamén se enfrontou nunha guerra contra os espartanos (outrora aliados de Persia), os cales, baixo Axesilao, invadiron Asia Menor. Para vencer aos espartanos, Artaxerxes subornou a Atenas, Tebas e Corinto, cidades que se levantaron contra Esparta, iniciando a Guerra de Corinto. En -386 Artaxerxes II, abandonando aos seus aliados, pactou con Esparta a Paz de Antálcidas. Este tratado devolveu o control das cidades gregas de Xonia e Eolia na costa de Anatolia aos persas, mentres deixaba a Esparta como poder dominante na Grecia peninsular.

Malia o seu éxito en Grecia, Exipto, que se rebelara con éxito a principios do seu reinado, permanecía independente. O intento de reconquistar Exipto en -373 foi un fracaso total, pero nos seus últimos anos os persas lograron esmagar a un exército conxunto exipcio-espartano que pretendía conquistar Fenicia.

Actividade construtora editar

  • En Susa: restaurouse o palacio de Darío I e un baluarte das fortificacións Sud-orientais.
  • En Ecbatana: constrúese unha apadana e tráense novas estatuas.

En cambio non hai evidencias de moita actividade en Persépole.

Véxase tamén editar

Imperio Persa

Segue a:
Darío II
Artaxerxes II
Precede a:
Artaxerxes III
Dinastía Aqueménida