Arredondo é un concello da comunidade autónoma de Cantabria. Está situado na comarca de Asón-Agüera. Limita cos concellos de Ruesga e Riotuerto polo norte, polo leste con Ruesga, polo sur con Soba e polo oeste con Ruesga e Miera.

Modelo:Xeografía políticaArredondo
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°16′33″N 3°36′02″O / 43.275833333333, -3.6005555555556Coordenadas: 43°16′33″N 3°36′02″O / 43.275833333333, -3.6005555555556
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCantabria Editar o valor em Wikidata
CapitalArredondo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación478 (2023) Editar o valor em Wikidata (10,21 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie46,83 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude161 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataLuis Alberto Santander Peral Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Código INE39007 Editar o valor em Wikidata

Sitio webaytoarredondo.com Editar o valor em Wikidata

O municipio atópase no pé do porto de Alisas, e polo territorio pasan os ríos Asón e Bustablado.

Localidades editar

Historia editar

Desde aquí emigraron numerosos indianos cara América, onde fixeron fortuna e volveron con grandes ganancias e riquezas. Este municipio estivo vinculado enteiramente con Ruesga, posto que no ano 1822 pertencía a ese réxime señorial, en concreto á Casa dos Velasco. Trala formación de ambos concellos, o territorio de Ruesga quedou divido en dúas zonas, e Arredondo, unha delas, quedou practicamente rodeada por Ruesga.

Núcleo de poboación editar

Arredondo é localidade e capital municipal, e está a unha altitude de 161 metros sobre o nivel do mar. No 2008, a localidade contaba cunha poboación de 242 habitantes (Instituto Nacional de Estadística). Está situada a unha distancia de 45 quilómetros da capital cántabra Santander.

Cabe mencionar o Centro Ictiolóxico, un centro de cultivo de salmóns que estuda os ecosistemas fluviais.

Patrimonio editar

Dous son os bens de interese cultural, con categoría de monumento, deste municipio:

  • A igrexa rupestre de San Xoán, en Socueva, nun farallón calcario dominando o pobo de Socueva. As paredes que non son de pura rocha están feitas de cachotería. Ten unha nave e unha ábsida con bóveda de forno, separado por un arco triunfal de ferradura. Conserva restos da mesa de altar e o seu soporte. Pertence ao século IX.
  • A igrexa parroquial de San Pelaio, na capital municipal, do século XIX de arquitectura neoclásica.

Economía editar

Un 42,9 % da poboación de Arredondo emprégase no sector primario, un 10 % na construción, un 9 % na industria e un 38,1 % no sector terciario.

Demografía editar

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2005
1.538 1.527 1.496 1.543 1.370 1.361 1.216 1.052 812 788 635 558

Fonte: INE

Administración editar

Nas seguintes táboas amósanse os resultados das eleccións municipais celebradas en 2003 e 2007.

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PP 262 55,74 % 4
PRC 146 31,06 % 2
PSOE 58 12,34 % 1
  • Alcalde electo: José Luis Revuelta (PP).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PRC 213 46,20 % 4
PP 202 43,82 % 3
  • Alcalde electo: Luis Alberto Santander Peral (PRC).

Festas editar

Véxase tamén editar