Array of Low Energy X-ray Imaging Sensors

Observatorio astronómico para raios X

Array of Low Energy X-ray Imaging Sensors, tamén coñecido polo seu acrónimo ALEXIS, é un observatorio espacial en raios X lanzado o 25 de abril de 1993 mediante un foguete Pegasus desde a base Edwards da Forza Aérea.

Array of Low Energy X-ray Imaging Sensors (ALEXIS)
ALEXIS
TipoObservatorio espacial / ionosférico.
OrganizaciónLaboratorio Nacional dos Álamos
Satélite deTerra
Data de lanzamento25 de abril de 1993[1][2][3]
Foguete portadorPegasus[2][4]
Sitio de lanzamentoBase Edwards da Forza Aérea[2]
Obxectivo da misiónObservación astronómica en raios X e estudo dos efectos dos relámpagos e explosións nucleares na ionosfera.[2]
NSSDC ID1993-026A
Masa113 kg[2][4]
Potencia50 W[2][5]
BateríasCatro baterías de níquel-cadmio.[5]
Datos orbitais
Inclinación69,8°[6]
Apoapse746 km[6]
Periapse741 km[6]

Características editar

ALEXIS adicouse á observación do ceo en raios X suaves mediante seis telescopios funcionando por parellas. A súa misión consistía en facer unha exploración do fondo de raios X suaves de todo o ceo, observar fontes coñecidas brillantes no ultravioleta extremo, buscar eventos transitorios en raios X e estudar as erupcións estelares.[6]

Ademais levaba a bordo un experimento (denominado Blackbeard) que consistía nun receptor de VHF de alta velocidade que foi usado para estudar o efecto dos raios e dos impulsos electromagnéticos das explosións nucleares na transmisión a través da ionosfera.[2]

Foi lanzado mediante un foguete Pegasus desde un avión B-52, pero durante o lanzamento quedou danado un dos paneis solares. Aínda que o lanzamento puxo en órbita o satélite, non se conseguiu contactar con el e recuperar o control ata tres meses despois do lanzamento.[2]

A alimentación eléctrica era proporcionado por catro paneis solares que alimentaban catro baterías de níquel-cadmio e producindo unha potencia de ata 50 vatios. O ordenador de a bordo usaba procesadores 8086C redundantes e tiña un sistema de almacenamento en estado sólido cunha capacidade de 100 Mbytes. O sistema de comunicacións usaba a banda S, cunha taxa de descarga de 750 kbps e unha taxa de subida de 9,6 kbps. O satélite apuntaba na dirección antisolar e estabilízase mediante xiro a unha velocidade de 2 revolucións por minuto. A precisión do apuntado, usando sensores solares e de limbo, chegaba a 0,1 graos. O control de actitude conseguíase mediante o par producido por bobinas magnéticas.[5]

Notas editar

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ALEXIS" (en inglés). Consultado o 15 de decembro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (4 de novembro de 2011). "Alexis" (en inglés). Consultado o 15 de decembro de 2011. 
  3. "Note verbale dated 14 June 1994 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (94-24370(E)). 13 de xuño de 1994. Consultado o 15 de decembro de 2011. 
  4. 4,0 4,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ALEXIS (P89-1B)" (en inglés). Consultado o 15 de decembro de 2011. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2011). "ALEXIS" (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2011. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 David Darling (2011). "ALEXIS (Array of Low Energy X-ray Imaging Sensors)" (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2011.