A arquitrabe é a parte inferior do entaboamento na arquitectura clásica.[1] A súa función estrutural é servir de lintel, para transmitir o peso da cuberta ás columnas.

Arquitrabe no templo romano de Marte, do Foro de Augusto, en Roma

É un elemento fundamental na arquitectura de cuberta plana, chamada arquitrabada. A arquitectura grega clásica e o seu precedente, a arquitectura exea, son un exemplo típico de estruturas arquitrabadas, aínda que, anteriormente, os edificios monumentais exipcios tamén se construíron con cubertas planas ou alinteladas.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para arquitrabe.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar