Arquidiocese de Armagh

A arquidiocese de Armagh é unha das catro arquidioceses metropolitanas de rito romano da illa de Irlanda. O seu titular está na catedral católica romana de San Patricio en Armagh e é recoñecido como o primado de Irlanda.[1] Non se debe confundir coa diocese homónima da Igrexa anglicana.

Arquidiocese de Armagh
Tipoarquidiocese metropolitana católica romana
Data de fundación1152
Presidente/aEamon Martin (pt) Traducir (2014-) Editar o valor em Wikidata
Nº de membros242.860 (2018) Editar o valor em Wikidata
SedeArmagh
EnIrlanda do Norte
PaísReino Unido
Na rede
https://www.armagharchdiocese.org/
editar datos en Wikidata ]

Coordenadas: 54°20′53″N 6°39′22″O / 54.348, -6.656

Historia editar

Estableceuse como diocese en 445 por San Patricio, e como tal é a máis antiga que se constituíu nas Illas Británicas. Foi elevada ao rango de arquidiocese en 1111 durante o sínodo de Ráth Breasail. En 1152, despois do sínodo de Kells-Mellifont, o seu status confírmase como sufragáneas:

  • a Diocese de Ardagh ,
  • a Diocese de Clogher e Louth ,
  • a Diocese de Clonmacnoise ,
  • a Diocese de Connor ,
  • a Diocese de Down ,
  • a Diocese de Derry e Maghera ,
  • a Diocese de Dromore creada en 1197 ,
  • a Diocese de Raphoe ,
  • a Diocese de Meath e Clonard ,
  • a Diocese de Kilmore .

Territorio editar

A provincia atópase en gran parte dentro do territorio británico de Irlanda do Norte cos condados de Armagh, Tyrone e Derry, pero tamén dentro do territorio da República de Irlanda cos condados de Louth e Meath.

 
Catedral de San Patricio, Armagh.

Notas editar

  1. "Décès du cardinal Daly, ancien primat d'Irlande". La Croix (en francés). 2010-01-01. ISSN 0242-6056. Consultado o 2023-01-22. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar